Atendendo á demanda dalgunhas asociacións de entrar desde o
movemento memorialístico no debate sobre a transición e dalgunhas
institucións do actual réxime herdadas do franquismo, así como diante da
solicitude dunha reunión do grupo parlamentar de AGE, faise unha
proposta de xuntanza para o vindeiro sábado 23 de febreiro ás 10:30 na
Casa das Asociacións de Santiago de Compostela.
A orde do día proposto tamén quedaría como segue:
1º Análise da situación do movemento memorialístico en Galiza.
2º Debate sobre a lei de amnistía e transición desde o punto de vista da recuperación da memoria histórica.
3º Xuntanza, se así se acorda, cun representante de AGE a petición súa.
4º Propostas para a homenaxe nacional anual de San Simón para o presente ano.
Un saúdo
Para localizar a Casa das Asociacións:
Nenhum comentário:
Postar um comentário