Busto do fascista no Senado
Amaiur propuxo eliminar dos corredores do Senado o busto dedicado á figura de Manuel Fraga Iribarne co que a Cámara Baixa rendeu homenaxe o pasado mes ao político fascista galego, fundador de Alianza Popular e «pai da Constitución», falecido o 15 de xaneiro de 2012.
Insurgente - 3/3/13 traducción CRMH da Coruña
A Coalición vasca ha dirixido unha pregunta por escrito ao Goberno de
Mariano Rajoy por medio da cal relaciona a Fraga co «terrorismo
tardo-franquista», valéndose para iso de novas revelacións contidas no
libro de memorias do ex presidente do Congreso e ex ministro socialista
José Bono, onde se acreditan as «responsabilidades» do ex senador galego
no grupo ultradereitista do Batallón Vasco-Español.
Invócase directamente á lei de vítimas do terrorismo para esixir que se protexa a súa «dignidade» fronte a unha estatua que considera «unha grave afronta» e un «insulto» a todas elas. Tamén se apoia na súa demanda na lei de memoria histórica, que fai referencia á retirada de placas e insignias conmemorativas «de exaltación» do franquismo, entre as que inclúe o busto de Fraga.
A pregunta está formulada polo parlamentario Jon Iñarritu, adscrito a Aralar, quen alude á «participación activa do señor Fraga na ditadura totalitaria, acerca do cal non se arrepentiu en vida e sobre o que fixo apología até o fin dos seus días».
Desta maneira, pretende facerse eco do «malestar» xurdido entre «varios afectados» do «franquismo, da violencia policial e do terrorismo», que senten «doídos e vexados» pola colocación dunha estatua na que ven un símbolo de «apoloxía».
A iniciativa foi freada en seco ao non permitir a Mesa do Congreso, onde o PP goza de maioría absoluta, a súa admisión a trámite por considerala unha cuestión «manifestamente allea á competencia do Goberno». Con todo, Amaiur insistirá no seu obxectivo de eliminar calquera rastro de Fraga nas institucións comúns.

Nenhum comentário:
Postar um comentário