O grupo de barrio do BNG en Monte Alto e a organización xuvenil da fronte nacionalista, organizan unha homenaxe a Pedro Galván Calvete, secretario de organización das mocidades galeguistas da Coruña fusilado a mans dos fascistas en 1936 cando tan só contaba con 19 anos.
O acto consistirá nun roteiro iniciado na Praza de María Pita e que continuará até o cemiterio de San Amaro guiado pola profesora da Universidade da Coruña e exparlamentar Pilar García Negro. Finalmente, as persoas participantes realizarán unha ofrenda floral perante o sartego de Pedro Galán nun acto no que intervirán Pedro Galán Horro, sobriño do homenaxeado; o responsábel comarcal de Galiza Nova, Daniel García e Suso Bermello, candidato polo BNG ás eleccións nacionais pola Coruña.
Un patriota asasinado
Pedro Galán Calvete naceu en Monte Alto en xullo de 1917 no seo dunha familia de traballador@s e migrantes, coma tantas outras persoas de onte e agora. Galán, foi alumno das primeiras escolas de ensino primario que deron aulas na lingua de noso, cando aínda era mestre delas outra vítima do fascismo, Ánxel Casal.
Galán Calvete convertiríase co tempo nun mozo comprometido con Galiza e cos problemas reais do noso pobo. Tales facetas convérteno en secretario xeral das Mocidades Galeguistas, cando esta se constitúe na Coruña, cidade na que contaría cunha importante actividade política e de pulo na creación de numerosas asociacións e clubes coma o Clube do Mar.
Porén o estalido do golpe fascista puxo fin á súa vida nunha de tantas ‘cunetas’ en 1936. Cada ano a mocidade nacionalista da Coruña, lembra e homenaxea a a figura deste mozo, do que din era “un patriota galego” que morreu por defender a liberdade da Galiza.
Nenhum comentário:
Postar um comentário