O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 22 de março de 2015

O fondo do Siñor Afranio cedido ao Instituto de Estudos Miñoranos pola familia Álvarez Cáccamo.

Fondo documental Siñor Afranio | IEM

IEM 18/3/15
A familia Álvarez Cáccamo cedeu ao Instituto de Estudos Miñoranos unha serie de documentos orixinais relativos á figura do Siñor Afranio. Personaxe creado polo parlamentario republicano e presidente do Consello de Galicia, Antón Alonso Ríos, ca fin de eludir a represión franquista tralo alzamento de 1936. A sinatura do convenio que rexerá a custodia e divulgación do fondo tivo lugar este mércores 18 de marzo na Aula de Cultura Ponte de Rosas por parte de Alfonso Álvarez Cáccamo, en representación da familia e Carlos Méixome polo IEM.

Tralo golpe de Estado e con 50 mil pesetas de recompenza pola súa captura, Alonso Ríos debeu enfrontar unha urxente fuxida da represión franquista. Na clandestinidade o seu corpo comezou sufrir os efectos da precariedade: magro, envellecido, barbudo. Foi entón que decidiu sacar partido desa condición converténdose nun ficticio esmoleiro portugués de nome Afranio de Amaral. Con ese camuflaxe comezou a súa andaina clandestina por Galicia, que o trouxo ao Val Miñor e o Baixo Miño na procura de cruzar ao Portugal co xeito de embarcar a América, o que conseguiu.
 
A documentación achegada contén os manuscritos orixinais do libro Siñor Afranio , onde Alonso Ríos, a instancia de Xosé María Álvarez Blázquez , narra con detalle todo o acontecido nesas datas. Inclúe a fotografía orixinal, única do Senior Afranio, a correspondencia cruzada entre Álvarez Blázque e Alonso Ríos, recortes de prensa, e unha novela inédita (mecanografada), titulada Nidia.
 
No acto de sinatura do convenio, Alfonso Álvarez Cáccamo considerou que o IEM pola súa tradición e modo de traballar era o mellor destinatario para a custodia e divulgación deste material. Pola súa banda, Carlos Méixome, adiantou que o IEM expoñerá parte do fondo no Espazo da Memoria, localizado na Aula de Cultura Ponte de Rosas, e xestionará a apertura para consulta da documentación por parte investigadores e público interesado.
 
Alfonso Álvarez Cáccamo amosa a fotografía orixinal do Siñor Afranio,
acompañado de Carlos Méixome (IEM)
 

Nenhum comentário:

Postar um comentário