Os actos terán lugar o 17 e 19 deste mes e incluirán ofrendas e lembranzas de ámbalas dúas figuras
El correo gallego - Teo -C. B. | 11.08.2013
O Concello de Teo rindelles
de este mes unha homenaxe as figuras de Ánxel Casal e outras vítimas
represaliadas do 36, así como ao seu fillo adoptivo Avelino Pousa
Antelo, no seu primeiro cabodano. Así, entre o 17 e 20 deste mes están
programadas diversas actividades que servirán para recuperar a memoria
destas figuras vencellas ao concello.
O 17 de agosto, os actos comenzan cun concerto da
Banda de Música da Sociedade Recreativa San Xoánde Calo, ás 20.00 horas,
na praza da urbanización Estivada da Ribeira.
O 19, xornada central ó
redor de Casal, haberá unha actuación do malabarista Kote para o público
familiar na praza da urbanización Os Carballos. O acto institucional
terá lugar ás 20.30 horas, na praza da Estivada. Intervirán
representantes da Oliveira, de Teenses pola Igualdade, da Asociación
teense pola recuperación da memoria histórica e do patrimonio e o
alcalde.
Nenhum comentário:
Postar um comentário