IGM 26/9/13
O próximo 13 de outubro, a partir das 12'30 h. da mañan, haberá en Montecubeiro (parroquia
do concello de Castroverde, en Lugo), un acto de homenaxe e desagravio
ás vítimas do franquismo, onde está un monolito que lembra o asasinato
de 15 persoas nesa parroquia no 36 por parte dos franquistas.
Dito
homenaxe celébrase como unha especie de resposta sensata e civilizada
ás declaracións de certo alcalde dun concello limítrofe a Castroverde
-Baralla-, que o único que conseguiron é retratar como un franquista
"de-toda-a-vida" a ese persoeiro. A Iniciativa Galega pola Memoria -coordenadora
galega de grupos memorialistas-, entidade organizadora dese acto, quere
dar unha resposta forte e chea de valores cívicos profundamente
ancorados nos principios da democracia a tais manifestacións do
innomeable alcalde. Por iso, o acto de homenaxe ás vítimas do franquismo
do día 13 de outubro terá a seguinte programación:
- Intervención do alcalde de Castroverde, máxima autoridade local, Sr. Xosé María Arias.
- Intervención do representante da Deputación de Lugo, Sr. Mario Outeiro, representando á Deputación de Lugo.
- Intervención dun membro da Iniciativa Galega pola Memoria, en concreto, o profesor e poeta lucense, Sr. Claudio Rodríguez Fer.
- Intervención dun persoeiro coa suficiente conexión co mundo da cultura, da educación e da non violencia, como é o profesor Federico Mayor Zaragoza, ex-director da UNESCO de 1987 a 1999, e presidente da Fundación Cultura de Paz.
- Actuación da artista galega Mercedes Peón.
Para rematar o acto, a xente que así o decidira podemos ir xantar a Castroverde, ao restaurante A Pereira-2,
onde temos contratado alí un menú para celebrar conxuntamente tal
evento. Podédesvos apuntar a este xantar -cun prezo de 15 euros por
cabeza-, na seguinte ligazón:
Só
tedes que encher o formulario que sae logo de premer na ligazón para
anotarse ao xantar. É obrigatorio poñer unha conta de correo
electrónico, caso de que non a teñades, poñede a de alguén coñecidx.
En
arquivos adxuntos, vai o cartel anunciante do acto, un tríptico que
informa máis sobre o que pasou en Montecubeiro, e das razóns que levan
á Iniciativa Galega pola Memoria a convocar o acto de homenaxe ás
vítimas do franquismo, e máis un arquivo dun acceso á parroquia de
Montecubeiro desde a autovía que vai de A Coruña á Pedrafita do
Cebreiro.
Nenhum comentário:
Postar um comentário