O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 12 de agosto de 2012

Concentrac​ión Ponte do Barco (Pedre). Homenaxe vítimas do franquismo en Terra de Montes


Verbo Xido Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes
Camiño do Pouso 2
36560 Soutelo de Montes

O vindeiro luns 13 de agosto, como facemos cada ano desde o 2006, acudiremos ás 20 horas á Ponte do Barco en Pedre (Cerdedo) para lembrar e render unha sinceira e sentida homenaxe ás vítimas da represión franquista na Terra de Montes.

Francisco Arca e Secundino Bugallo, asasinados na mañanciña do 13 de agosto de 1936, son para nós a representación das 41 mortes, das 254 persoas represaliadas e dos 35 mozos que perderon a vida no frente republicano, todos eles e elas pertencentes á Terra de Montes.

Ademais de deixar unhas flores no pequeno monumento de pedra que lembra estes terribles feitos, o historiador e membro de Verbo Xido, Dionisio Pereira, falará sobre “Antonio Rodríguez Fraíz e a memoria dos vencidos na Terra de Montes”. Cúmplese este ano o centenario do nacemento do que foi Cronista da Terra de Montes, cofundador do Museo do Pobo Galego, e que, entre outros méritos, ten o de ter sido a primeira persoa en deixar testemuño escrito, aínda antes de morrer o dictador, da represión nesta bisbarra a través das páxinas da Gran Enciclopedia Gallega. Esta será, pois, unha das contribucións que o noso colectivo fará ao devandito centenario.

Agardamos a vosa presenza neste acto en lembranza das vítimas da barbarie.

Lola Varela
Presidenta da Asociación Verbo Xido

Nenhum comentário:

Postar um comentário