Galiza Nova Comarca de Vigo Galiza Nova vén de convocar unha concentración para rexeitar que o Concello de Baiona dedique a súa Medalla de Ouro a Manuel Fraga. MARTES 28 agosto, ás 19:45 en BAIONA, diante da Casa Carvajal (fronte ao peirao, rúa Ventura Misa), coincidindo co acto de entrega do máximo galardón do concello á familia Fraga. Lembremos que esta medalla aprobouse conceder a Fraga no ano 2000 polo goberno municipal, co BNG sempre en contra. O motivo de que se lle entregue 12 anos despois non é que Fraga se negara a recibir galardóns mentres estivese de presidente, como se está a dicir. O motivo principal polo que daquelas Fraga non aceptara recibir a medalla fora porque o PP non estaba na alcaldía naquela altura pese ao pactado co alcalde independente. 12 anos despois, o PP no goberno municipal rescata esta polémica medalla para celebrar unha festa a modo de fin de verán cos seus achegados. Galiza Nova vén amosando ao longo do País o noso rexeitamento ás homenaxes de concellos e demais institucións públicas a unha persoa que foi cómplice e dirixente da ditadura fascista de Franco así como máximo responsábel da negativa xestión que padeceu Galiza nos anos de presidencia de Fraga na Xunta. Manuel Fraga non conta co apoio de boa parte da cidadanía como para merecer o recoñecemento social que o Concello de Baiona vai realizar. Participa da concentración! |
sexta-feira, 24 de agosto de 2012
Medalla de Ouro de Baiona a Fraga, NON!!
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário