O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quarta-feira, 5 de setembro de 2012

O Proxecto "Nomes e Voces" presente na 17ª Conferencia Internacional de Historia Oral en Bos Aires

 
‎Nomes e Voces - Proxecto Universitario (Blog) 3‎ de ‎septiembre‎ de ‎2012
Lourenzo Fernández Prieto e Judith Carbajo Vázquez presentarán a comunicación: “El uso del fondo oral del Proyecto Interuniversitario 'Nomes e Voces'. Estudio de caso: causas y sujetos de la persecución política y la represión en la guerra y la dictadura franquista en Galicia (1936-...)” na 17ª Conferencia Internacional de Historia Oral Los retos de la historia oral en el siglo XXI: diversidades, desigualdades y la construcción de identidades.
A 17ª Conferencia Internacional de Historia Oral terá lugar entre os días 4 e 7 de setembro en Bos Aires.

Abstract “El uso del fondo oral del Proyecto Interuniversitario 'Nomes e Voces'. Estudio de caso: causas y sujetos de la persecución política y la represión en la guerra y la dictadura franquista en Galicia (1936-...)”
O estudo da violencia política no maior contexto bélico español centrouse durante moito tempo nos aspectos cualitativos arredor das víctimas e as represións, dado o salto ao cualitativo, a focalizarse só nas vítimas. O colectivo dos represores non só permaneceu protexido por factores diversos senón tamén apartado do obxecto de estudo histórico. Propoñemos explorar as posibilidades de análise para o estudo das motivacións e as lóxicas que animaron as prácticas represivas nunha zona como Galicia donde a rápida e violenta instauración do novo réxime fundamentouse nas prácticas represivas, chegando a conformar e definir ao propio réxime dictatorial. Nos baseamos na perspectiva micro local e na exploración das novas posibilidades de fontes diversas, entre elas, sobre todo o importante fondo oral sobre a represión en Galicia do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces", para analizar a armazón represiva e das redes locais dos suxeitos represores que axudaron a ir conformando e definindo ao novo réximen franquista. O estudo da natureza das represións franquistas segue sendo punta de lanza na historiografía española sobre a guerra civil e a represión. Este continuo auxe non só é cuantitativo senón, sobre todo, é o que nos interesa trabajar na nosa comunicación, pola posta en valor de novas fontes e por o emprego de instrumentos de análises melloradas e de conceptos máis afinados. Por todo iso, situamos a nosa investigación nun novo achegamento ás fontes orais e documentais que xa foron empregadas para o estudo das vítimas e que, grazas a unha metodoloxía ad hoc que temos desarrollado, podemos obter matices máis axustados da armazón represiva e mesmo de conceptos que se mostrarán máis operativos no noso proceso de estudo de caso dos suxeitos represores.

Nenhum comentário:

Postar um comentário