A estatua de Millán-Astray retirada da praza
homónima da Coruña. PÚBLICO
Traducción Estación Atlántica
Público - HENRIQUE MARIÑO Madrid 30/05/2012
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia apoia a aplicación da Lei de Memoria Histórica por parte do Concello da Coruña ao desestimar o recurso dunha asociación de veteranos que reclamaba o regreso do fundador da Lexión á súa praza.
A estatua dun maltreito xeneral golpista seguirá almacenada no esquecemento dun almacén do Concello da Coruña. Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso presentado por unha asociación de veteranos da Lexión, que se opuxo á retirada da figura do militar franquista José Millán-Astray da praza homónima.
A decisión fora adoptada en 2009 nun pleno da corporación municipal, cos votos a favor dos edís do goberno bipartito integrado polo PSdeG e o BNG, que decidiron tamén quitarlle o título de fillo predilecto.
A aplicación da Lei de Memoria Histórica xerou unha "fervenza de preitos", recorda o concelleiro Xosé Manuel Carril, líder do partido nacionalista na cidade galega, hoxe na oposición. A propia filla de Millán-Astray, Peregrina, presentou un recurso que prosperou en parte: un xulgado esixiu ao concello que restituíse o título honorífico -que lle foi outorgado antes da Guerra Civil- ao seu defunto pai; con todo, non ordenou devolver a estatua ao seu emprazamento orixinal nin que a praza seguise levando o nome do fundador da Lexión. En todo caso, a sentenza non se fixo efectiva, pois está pendente de resolución un recurso presentado ante o TSXG pola Comisión pola Recuperación dá Memoria Histórica da Coruña
Ademais de Peregrina Millán-Astray, tamén reclamou a Asociación Cultural y Deportiva de Veteranos de la Legión 20 de Septiembre, pero a Xustiza non lle deu a razón. Elevaron entón a súa queixa ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, aínda que nesta ocasión os exmilitares optaron por deixar ao carón a recuperación do título de fillo predilecto e centráronse no regreso da estatua á praza. A sentenza definitiva, dada a coñecer onte, desestima o recurso de apelación e obrígalles a pagar as costas.
Pero, sobre todo, tamén permite albiscar aos coruñeses que loitan pola supresión da simboloxía fascista un hipotético fallo xudicial favorable do TSXG que permita á súa cidade romper os lazos familiares que lle unen co autor do "necrófilo e insensato berro" -como o cualificou Miguel de Unamuno- de "¡Viva a morte!".
Nenhum comentário:
Postar um comentário