A Asociación pola a Recuperación da Memoria Histórica de Marín (ARMHM) quere convidarvos este vindeiro luns 31 de decembro ás 13 horas no Paseo Marítimo "Antonio Blanco", e dentro da semana de actividades dedicadas á lembranza dos executados en Marín nó fin de ano do 1936, ó Acto de Recordo e Homenaxe que cada ano facemos a un grupo de marinenses (Bernardino de la Torre, Albino Agraso, Amando Iglesias, Demetrio Lorenzo e Santiago Ramos) que xunto co alcalde Antonio Blanco Solla, foron fusilados en Monte Porreiro (Pontevedra) polas forzas militares sublevadas.
A principal intervención durante o acto, será a de Miguel Ángel Cuña Casasbellas (Vicepresidente da Fundación Cuña-Casasbellas e Secretario Xeral do Sindicato Único de Trabajadores “Solidaridad Obrera” de Pontevedra de la CGT), que ocupará o lugar doutros destacados participantes de anteriores edicións. Tamén o fará a presidenta da ARMHM, Enriqueta Otero. O acto rematará cunha ofrenda floral ó pé do monólito conmemorativo.
Reciba unha forte aperta.
Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín
Nenhum comentário:
Postar um comentário