Entre
os anos sesenta e setenta un grupo de sacerdotes críticos co réxime franquista
apoiaron a dura loita dos obreiros do Ferrol. As forzas represivas do réxime
cualificáronlles de "progresistas, contestatarios, europeos, comunistas,
filomarxistas e criptomarxistas". "Pregunteille a un deles, Anxo Ferreiro
Currás, como os denominaría el, quizá renovadores", e respondeume que 'só eran
comprometidos'. Eses sacerdotes comprometidos baixáronse ao rodo, viron as
necesidades temporais dos seus fregueses e entregáronse a fondo para combater
as inxustizas e loitar polas liberdades". Así o rememora para ELPLURAL.COM Rosa
Cal, autora do libro 'Curas contra Franco', que narra a súa historia.
elplural.com - A. DEL CAMPO - 06/diciembre/2012
Rosa Cal explica que o título Curas contra Franco alude a que o réxime montado polo ditador considerounos os seus inimigos, desafectos a un réxime que significaba a falta de liberdades, "desa forma, sen proporllo, impulsou a loita dos curas por conseguilas, a pesar da represión que sufriron. A acción transcorre na cidade de Ferrol, especial porque o poder militar (Capitán Xeral do Cantábrico, Capitán Xeral da VIII Rexión Militar, etc.) era moi forte e controlaba todo".
Pregunta: De que modo xorde este compromiso dos curas obreiros de Ferrol?
Resposta: Os curas obreiros ou "comprometidos" teñen unha primeira versión na JOC e a HOAC que teño en conta no libro. Despois, desde 1959 e o proxecto do Vaticano II obterán o respaldo legal da Igrexa para apoiar aos obreiros e esixir as liberdades: expresión, asociación, inviolabilidad de domicilio e outras. Pero o que vai unir aos seis actores principais é que todos están en parroquias do que chamaban "o cinto vermello", as máis pobres e con máis problemas.
P: Como acaban nestas parroquias?
R: Ten que ver tamén coa chegada do bispo Argaya Goicoechea a Ferrol que produciu un cambio total porque pasou a diocese, do rural Mondoñedo, a Mondoñedo-Ferrol primando ao sector obreiro. A construción da Domus Eclesiae en Ferrol permitiulles aos curas reunirse eludindo a vixilancia policial.
P: Eran persoas con especiais inquietudes?
R: Eran todos novos e si, manteñen unha formación continua: encargan libros, revistas, cursos... Viaxaron fóra ademais: Segovia, Valladolid, Madrid Francia, Suíza, Ámsterdam, Roma... Contactan con novas correntes: "El Prado", Contestatarios, Solidarios, Comunidades Cristianas (Valencia), "Echanges et Dialogues"- Septuaginta y Cristianos por el Socialismo.
P: Como empezou o proceso?
R: As primeiras accións teñen que ver co "1 de maio" día do traballo, polas pancartas e panfletos que reparten clandestinamente. A ruptura profunda xurdiu no Corpus de 1968 cando os curas díscolos pretenderon facer a procesión sen a presenza armada dos militares. O Capitán Xeral impúxose e todo celebrouse como sempre, pero Argaya en decembro abandonou Ferrol e foise a San Sebastián, e os curas estiveron case dous anos gobernados por un Vigairo Capitular que "deixoulles facer". Os xefe quedaron marcados e vixiados pola Brigada Social.
P: A partir de aí, seguindo o seu relato, a actuación destes sacerdotes vai moi ligada aos conflitos obreiros.
R: As accións seguintes son moi continuadas: 1969 toma da dirección de Cáritas, 1970 a folga de 30 días da Peninsular Maderera (resistiron pola axuda dos curas que lles abriron as igrexas e levábanlles alimentos); 1971 a folga de MEGASA, 1972 a manifestación de obreiros de BAZÁN que produciu dous mortos e decenas de feridos... Nos anos setenta chegamos á cúspide das accións que van producir un conflito disruptivo entre o clero comprometido e o franquismo. Esa ruptura brusca non se emendou senón que co tempo foise agrandando, e provocou nos nosos actores a súa separación do Réxime e da estrutura eclesial, pero non do sentimento e a práctica relixiosa e reivindicativa.
P: En total toda esta actividade foi protagonizada por apenas media ducia de curas.
R: Si. Foron Gabriel Vázquez Seijas nomeado en 1955 coadjutor para a parroquia do Carmen; o bispo Jacinto Argaya Goicoechea nomeado para Mondoñedo en 1957 e en 1959 José Chao Rego que foi designado para a parroquia de Santa Mariña do Villar. En 1963 incorporáronse dous: Eliseo Ruíz de Cortázar, procedente da burguesía ferrolá destinado ao centro da cidade, e Antonio Aneiros da zona rural para a recentemente creada parroquia de San Pablo, que non tiña nin igrexa. En 1965 Vicente Couce vai de coadjutor para Santa Mariña, é da cidade e de familia obreira. En 1967 chegou, a proposta de Chao, Anxo Ferreiro Currás de rexente para San Juan de Filgueira. Xa temos o sexteto, son os sacerdotes comprometidos, os que lle deron máis traballo á policía Social.
P: Vostede investigou especialmente a opinión do réxime sobre eles.
R: Era un punto moi importante pero delicado. Quería saber o que pensaba o réxime franquista deles, como os trataba, como os consideraba. En toda ditadura hai policía política que se dedica a seguir, metodicamente, aos que considera desafectos ao réxime. Tiña que chegar eses arquivos: os da Brigada Social. Os informes persoais dos curas son unha fonte inestimable xa que lles facían seguimentos semanais e en momentos clave, día a día, como se ve nos anos 1968 e 1972.
P: E cal foi a súa conclusión?
R: Ese grupo de relixiosos foron actores sociais cunha identidade propia durante o franquismo, aos que o Réxime cualificaba, en certos momentos, como "motor e responsable do movemento obreiro na cidade". O seu lazo de unión, a súa identidade, consistía na acción social e a loita polos dereitos e liberdades propias de países democráticos, manténdose dentro do ministerio relixioso.
P: Foron duramente represaliados.
R: Chao, Couce e Currás pasaron polo Tribunal de Orde Pública, Couce foi condenado a prisión no cárcere de Zamora, Aneiros e Currás ao cárcere da Coruña, e por suposto, impuxéronse múltiples multas a todos.
P: Deixaron a Igrexa despois?
R: Si. Quizá porque a Igrexa deu as costas ao Vaticano II e volveu á rutina angelical. En 1974 comezaron a secularizarse. Morto o ditador, CCOO que estaban infiltrados na maioría das factorías, pasan a loitar abertamente polos dereitos dos obreiros, e as eleccións políticas dan o papel de loita polos dereitos e liberdades aos parlamentarios. Os curas perderon esas funcións, e os que quedaron reconvertéronse á loita nacionalista.

Nenhum comentário:
Postar um comentário