O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

segunda-feira, 13 de abril de 2015

Conferencia e homenaxe en Santa Cristina de Cobres-Vilaboa


O colectivo A Regaduxa-Memoria histórica de Vilaboa organiza o xoves 16 de abril, ás 20.30 h na Casa dos Montes* de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa), a conferencia de Luís BaráImaxes da memoria”, un percorrido visual pola memoria da represión e a resistencia contra o fascismo.
 
A contido da conferencia organízase en tres partes:
-Memoria de Vilaboa
-O Lazareto de San Simón
-Mulleres da Galiza represaliada e resistente
 
Esta conferencia serve como preámbulo ao acto de homenaxe ás vítimas do terror franquista en Vilaboa, que terá lugar o domingo 26 de abril ás 19 h no peirao de Santa Cristina de Cobres, no que se inaugurará un monumento en lembranza de todas as vítimas.
 
*A Casa dos Montes está situada ao lado da igrexa parroquial de Santa Cristina de Cobres