O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

segunda-feira, 6 de abril de 2015

Actos abril 2015 en Marín


Presentación "Luita de Classes e Negociaçom Coletiva na Galiza do século XX"
 
Día: 10 de abril
Hora: 20h
Lugar: Museo ManuelTorres
Organiza: Asociación Recuperación da Memoria Histórica de Marín
 
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, un ano máis, conmemorará o aniversario da proclamación da II República con diversos actos que comezarán o día 10 de abril.
 
O venres día 10, ás 20:00 horas no salón de actos do Museo Torres, terá lugar a presentación do novo libro do historiador e colaborador da asociación Carlos Velasco Souto, titulado "Luita de Classes e Negociaçom Coletiva na Galiza do século XX". Participarán tamén Guillermo Fontán e Xesús Chaves, activistas das folgas do ano 72 en Vigo.
 
Na noite do sábado 11, a partir das 21:30 horas, compartiremos unha velada de fraternidade na III Cea Republicana, no restaurante marinense Casa Pilán. Todas aquelas persoas que desexen acompañarnos deberán facer a reserva previa no correo da asociación (memoriadmarin@gmail.com) ou no teléfono 628 255 072. O prezo do prato é de 20 euros.
 
E o martes 14, día propiamente dito do 84 aniversario da proclamación da II República, ás 20:00 h. realizarase a xa tradicional ofrenda floral ante a Pedra da Liberdade (situada nos xardíns ao carón do edificio do concello); contaremos coa actuación da Banda de Música "Amigos da República" e darase lectura a un texto conmemorativo.