Vinte organizacións políticas e sindicais, entre elas EU e Anova, convocaron a concentración
A Voz - Carlos Punzón. Vigo 08 de xuño de 2014
Algo máis de cincocentas persoas están a concentrarse na rúa do Príncipe de Vigo esixindo a celebración dun referendo no que a sociedade española decida o seu modelo de xefatura de Estado.Vinte organizacións políticas e sindicais convocan a concentración que continúa cara á Porta do Sol.
Nun manifesto lido ante o MARCO, as organizacións convocantes claman pola proclamación da III República, como tamén forzas independentistas pediron que a república teña carácter soberano en Galicia.
O gasto que representa a familia Real, o aumento dos casos de corrupción ou as alianzas que os manifestantes auguran multiplicásense entre o PSOE e o PP para manter a actual correlación de forzas e poderes no Estado son algunhas das razóns que os concentrados corean en favor da celebración dun referendo e a posterior proclamación dunha nova república.
Nenhum comentário:
Postar um comentário