O próximo sábado 10 de Novembro no Auditorio de Teo (A Ramallosa),
celebrarase a “Homenaxe Vítimas do Franquismo” que dende a Asociación Irmáns
Liste Forján estamos a organizar.
Trátase dunha xornada de convivencia na que contaremos coa presenza de
diferentes artistas e especialistas na materia, así como de loitadores
antifranquistas e familiares dos represaliados. Terá lugar ademais a
presentación da exposición “Retratos da Memoria” de Alfonso Martínez.
Participarán nesta xornada:
- Familiares de Manuel Ponte Pedreira
- Familiares de Fernando Barcia Veiras (Presidente do Comité
Executivo de Defensa da República en Santiago)
- Familiares de Enrique Ares Díaz (Militar e militante da CNT)
- Familiares de Manuel Otero Patiño (Militante do PCE e do SRI)
- Familia de Constante Liste Forján (Tenente Alcalde de Teo)
- Camilo de Dios (Guerrilleiro)
- Familiares de Ramiro Paz Carbajal (Socialista)
- Heriberto Rodriguez Bermejo (Prisioneiro na Illa de San
Simón)
- Alfonso Puente Nodar (Prisioneiro na Illa de San Simón)
- Esther Fernández (Evanxelista)
- Familiares de Manuel Puente Porto
- Familiares de José e Remegio Rodal García (militares leais a
República)
- Familiares de Bernardo Mato Castro.
- Uxenu Álvarez (Neno da guerra)
- Familiares de Estanislao Pérez Artime
- Genaro Fernández Ares (Militante da UJCE e da JSU e
represaliado)
- Olimpia Barcia (Represaliada)
- Familiares Alexandre Bóveda (galeguista asasinado)
- E máis por confirmar….
Contamos tamén con postos informativos de diversas asociacións e
disfrutaremos dun xantar popular onde terán lugar diversas intervencións.
(Prégase confirmación, para que os cociñeiros poidan prever as súas
necesidades)
Se pertencedes a algunha asociación, colectivo social, político, sindical,
etc e queredes participar non dubidedes en poñervos en contacto con nós. O prazo
para solicitar un espazo remata o vindeiro día 5 de novembro.
Existen uns bonos-axuda compostos por reproduccións duns cadros feitos para a
ocasión. O prezo dos bonos-axuda é de 50€ e de 100€. Se estás interesado en
colaborar con nós manda un correo a asoc.listeforjan@gmail.com
11:30 MESA DEBATE ASOCIACIÓNS DA MEMORIA.
Descanso
13:00 “INSTRUMENTOS DE REPRESIÓN”
- Antonio López Rodríguez (Historiador)
- Alfredo González Ruibal
- Xurxo Ayan (Arqueólogos CSIC)
- Víctor Santidrián (Historiador)
14:00 XANTAR POPULAR
16:30 PRESENTACIÓN
17:00 “DO LOCAL AO CONCEPTUAL”
- Santiago Vega Sombría (Historiador)
- Luis Lamela García (Historiador)
17:30 ACTUACIÓN MUSICAL
Descanso
18:00 “MEMORIA DO 36” (Farruco Bernal López e Pilocha) (Fragmento)
18:15 “PEGADAS DA REPRESIÓN”
- Mirta Nuñez Díaz-Balart (Historiadora)
- Anna Miñarro (Psicoanalista)
19:00 A QUENLLA
19: 30 “AS VÍTIMAS DO FRANQUISMO HOXE”
- Ramón Sáez Valcárcel (Maxistrado Audiencia Nacional)
- Pablo Cés (Documentalista, Silenciadas)
20:00 ENTREGA DE AGASALLOS E PECHE
CONCERTO: SOM DO GALPOM!
COLABORAN: SON DIRECTO, Librería Lila de Lilith, Hotel Congreso.
Nenhum comentário:
Postar um comentário