A presidenta de Galiza Cultura, federación que agrupa a varias asociacións, tamén denunciou o uso "en balde" que a Xunta de Galicia realiza coa entrega dos premios Castelao
21 de Xullo de 2015 | Galiciaé / Efe
A comisión promotora da Iniciativa Lexislativa Popular sobre o dereito ao coñecemento e á contemplación da obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao polo pobo galego presentou este martes máis de 11.000 firmas no Parlamento de Galicia para que debata esta proposición de lei.
Unha iniciativa coa que se pretende reclamar que o intelectual, considerado un dos pais do nacionalismo galego, sexa "apreciado" e "coñecido" por toda a súa "magnificencia artística", que consta de 4.000 pezas documentadas de obra artística.
"En todo o que significou de defensor e patriota esclarecido e máximo defensor do pobo galego na primeira metade do século XX. Queremos que todo iso sexa coñecido, sacalo do conxelador, dese enterramento que é o que se practica con figuras que son usadas máis nada que como un recurso de lexitimización", explicou Pilar García Negro aos xornalistas ás portas do Parlamento.
A presidenta de Galiza Cultura, federación que agrupa a varias asociacións, tamén denunciou o uso "en balde" que a Xunta de Galicia realiza coa entrega dos premios Castelao.
"Tantos anos logo do seu falecemento en Bos Aires por exilio forzoso, continúa estando dobremente enterrado no coñecemento da poboación galega e sen ser atendido polos poderes públicos galegos, lamentou.
Para García Negro, o debate político que hai na actualidade tanto en Galicia como en España está "perfectamente guionizado e tematizado en tantas e tantas páxinas de Castelao", polo que, ao seu xuízo, "non é unha figura histórica en absoluto superada".
"Queremos que retornen pezas artísticas súas fundamentais como 'A derradeira lección do mestre', ese lenzo que podemos contemplar en Bos Aires e que está recluído alí tamén", abundou.
Preguntada sobre se confía en que a iniciativa prospere no hemiciclo, Pilar García Negro confiou en que "todos os deputados desta Cámara se comporten efectivamente como xente ilustrada, xente galega onde o adxectivo debe valer non só para cobrar e para comer das institucións galegas".
"E que, xa que logo -continuou-, fagan honra ao pensador, ao patriota, ao artista galego sen o cal ninguén estaría sentado aquí", sinalou a ex deputada autonómica polo BNG.
Recordou, así mesmo, que foi Castelao quen "in extremis e nun traballo ímprobo" rescatou o Estatuto que estaba "sediciosamente perdido" en Madrid, e quen conseguiu a tramitación parlamentaria do Estatuto de Galicia o 1 de febreiro nas Cortes Republicanas celebradas no mosteiro de Montserrat e a súa posterior aprobación definitiva.
"Se isto os deputados que sentan nos escanos ignórano, pois entón teriamos que chamalos semi analfabetos políticos. E digo semi, só, para que ninguén senta ofendido", dixo García Negro.

Nenhum comentário:
Postar um comentário