O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

terça-feira, 27 de setembro de 2011

Asina para que Manuel Fraga non teña unha rúa en Compostela

Conde Roa observando como Manuel Fraga xoga ao dominó.
 Neste xoves, día 29, vaile dedicar unha rúa en Compostela si a cidadanía non mostra a súa repulsa

Acción promovida por Movemento polos Dereitos Civís

Asina para que Manuel Fraga non teña unha rúa en Compostela Acción promovida por Movemento polos Dereitos Civís

O actual Alcalde de Compostela, Gerardo Conde Roa, quere que Manuel Fraga teña unha rúa en Compostela, como xa o intentou o anterior Alcalde de Compostela, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, no 2006. Naquela ocasión a proposta non foi adiante grazas ás miles de sinaturas consegudias e entregadas no Concello. Desta volta, esperamos conseguir outras miles de firmas para que Manuel Fraga non goce dunha rúa en Compostela.

Por medio deste formulario estás enviando unha carta directamente a Conde Roa manifestando a súa repulsa. Para facer público o teu rexeitamento á proposta do Concello de Compostela fai chegar os teu datos ao MpDC por medio de do seguinte enlace:
http://mpdc.blogspot.com/2011/09/cargando.html


Al firmar la petición estarás enviando esta carta:

Destinatario:
 A ATENCIÓN DO ALCALDE-PRESIDENTE, SR. CONDE ROA

O alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, co apoio do antigo alcalde de Compostela, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, acordaron levar a Pleno Municipal a proposta de porlle o nome de Manuel Fraga Iribarne a unha rúa ou avenida da cidade.

Ante este feito, o asinante deste escrito quere amosar o seu rexeitamento a que se utilice a nomenclatura das rúas compostelás para honrar a unha persoa que non merece o recoñecemento social que se outorga a quen se lle dedica unha rúa. Por se non ficara evidente que a proposta do Sr. Conde Roa é inapropiada pasamos a relatar brevemente as razóns que xustifican a nosa posición:

1º) Hai que diferenciar entre o que significa un respecto institucional mentres ocupou a presidencia da Xunta do feito de que no nome dunha cidade se lle rinda homenaxe a unha persoa que non conta co apoio dunha boa parte da cidadanía.

2º) A avaliación da xestión do Sr. Fraga durante os anos que ocupou a presidencia da Xunta é claramente negativa para Galiza e discutida por amplos sectores sociais. Mentres que o Estado español medraba en desenvolvimento económico,Galiza afundíase nos principais indicadores socioeconómicos.

3º) O Sr. Fraga é senador do Partido Popular e, polo tanto, semella inapropiado neste momento que se lle homenaxee a un político en activo claramente vinculado a unha opción partidaria concreta.

4º) O Sr. Fraga Iribarne fixo parte destacada das decisións máis claramente antidemocráticas da dictadura franquista. Sendo ministro de Información e Turismo, asinou colectivamente, en Consello de Ministros, a execución de Julián Grimau e foi o encargado de contrarrestar propagandisticamente o acontecido, como tamén sucedería durante o Proceso de Burgos. Outra proba do seu papel principal na dirección do aparato de censura de Franco foi a condena de Alberto Míguez pola publicación da antoloxía bilingüe El pensamiento político de Castelao.

5º) Por todo isto e porque nun momento como o actual, no que debemos traballar para restituír a verdade sobre a represión que padeceu o pobo galego após o golpe militar franquista, entendo que a nomenclatura das rúas nas que vivimos deben axudar a construír unha conciencia social xusta, respectuosa cos dereitos humanos e dos pobos, así como a restaurar a figura dos que representaron e defenderon os verdadeiros valores da democracia, do progreso e da igualdade. Polo que

SOLICITAMOS

Que sexa retirada publicamente a proposta do Sr. Conde Roa e do PP de homenaxear á persoa do Sr. Fraga Iribarne dedicándolle unha rúa da cidade.

Nenhum comentário:

Postar um comentário