Fundación Alexandre Bóveda
A iniciativa de institucionalizar o Día da Galiza Mártir, 17 de Agosto, parte dun binomio: Valentín García Bóveda, Secretario da Fundación Alexandre Bóveda, e Ernesto Vázquez-Rey Farto, estudante de Dereito.
A iniciativa de institucionalizar o Día da Galiza Mártir, 17 de Agosto, parte dun binomio: Valentín García Bóveda, Secretario da Fundación Alexandre Bóveda, e Ernesto Vázquez-Rey Farto, estudante de Dereito.
A actuación da Fundación Alexandre Bóveda coa institucionalización do 17 de Agosto foi dende o inicio planificada para que o debate social a respecto do recoñecemento @s mártires galeg@s se dera nas cámaras de representación cidadá; promovendo -pola vía do Dereito de Petición- o pedimento dun apoio tanto ás institucións (Concellos, Deputacións Provinciais, Entidades Locais Menores e Parlamentos Nacionais e Rexionais do Estado español) como ás persoas que quixeran sumarse ao noso posicionamento.
A finalidade é elevar á Comisión de Peticións do Parlamento de Galiza unha petición colectiva que recolla na súa parte dispositiva a reivindicación histórica da xustiza cos nos@s mártires. Con todas e cada unha das persoas asasinadas, represaliadas e exiliadas que se contaron por centos en todo o país. Porén, a iniciativa parte da Fundación Alexandre Bóveda, instando a rehabilitación pública e política do insigne galeguista Alexandre Bóveda Iglesias, mais a institucionalización pretende que esa data sexa o aniversario de todas esas persoas; tamén, mais non só, de Alexandre Bóveda.
Nesta dura empresa agardamos contar co voso apoio e colaboración, xa que a institucionalización do Día da Galiza Mártir non é un beneficio patrimonio da Fundación, nin tan sequera dos promotores da iniciativa; senón que é un beneficio para tod@s @s galeg@s.
Moi agradecidos,
Nenhum comentário:
Postar um comentário