O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 18 de dezembro de 2016

Memoria e Dignidade en Moaña e o Morrazo


Sarria erradica o franquismo da rúa

 

O BNG propón cambiar os nomes das rúas José Antonio e Calvo Sotelo e retirar símbolos franquistas 


- Lugo / A Voz
O pleno de Sarria acordou en anteriores lexislativas cumprir coa Lei de Memoria Histórica, o que implica cambiar os nomes a algunhas rúas da localidade e retirar algúns emblemas da época da ditadura franquista. Os acordos nunca se cumpriron e por iso o BNG presentará unha moción no próximo pleno ordinario na que propoñen que se cumpra coa lexislación e a celebración en 2017 dunha serie de actividades ao redor da memoria histórica e a represión franquista.

A primeira medida que esixen é o cambio de nome das dúas rúas que quedan na vila en homenaxe a personaxes do antigo réxime, Calvo Sotelo e José Antonio.

Irmandades dá Fala
A proposta do Bloque é que a rúa José Antonio pase a denominarse Irmandades dá Fala, aproveitando que este ano se cumpre un centenario da fundación deste movemento en defensa do nacionalismo.

No caso da rúa Calvo Sotelo, consideran que o máis adecuado é que pase a chamarse Rúa dá Liberdade, nome que hai anos xa propuxo para esta céntrica vía Xaime López Arias e que había ter unha boa aceptación.

Abertos a negociar
«As propostas que presentamos non están pechadas, polo que estamos dispostos a negociar coa oposición calquera proposta que nos presenten», expresou o tenente de alcalde do BNG, Efrén Castro.

Os nacionalistas tamén pretenden que se retire algunha simboloxía franquista, como unha placa de cemento nun edificio da rúa Severino Vega que ten gravado o xugo e as frechas da falanxe.

Outra proposta do Bloque é a de que o Concello, en colaboración con entidades que defenden a memoria histórica, elabore en colaboración con institucións e colectivos un mapa da memoria no que se reflictan os lugares nos que houbo actos de represión, resistencia, solidariedade ou homenaxes. Tamén solicitan que o Concello programe unha serie de actividades ao redor da memoria histórica e a represión franquista.

«Agardamos que a iniciativa se aprobe e se resolva un problema histórico na vila cumprindo de maneira efectiva coa Lei dá Memoria Histórica», concluíu Efrén Castro.

terça-feira, 6 de dezembro de 2016

Presentación do libro: Mourente nos anos do medo


Xosé Álvarez
O vindeiro venres, día nove de decembro, ás oito da tarde, no local da Sociedade Cultural e Deportiva de Mourente, presentaremos un novo libro a iniciativa da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Mourente e colaboración do concello e da SCD Mourente. 

O libro será distribuído gratuitamente entre os asistentes e os veciños da parroquia.

domingo, 10 de julho de 2016

Exposición: 80 anos. Santiago 1936


Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo 2016


Iniciativa Galega pola Memoria 7/10/2016
A Iniciativa Galega pola Memoria un ano máis organiza a homenaxe nacional ás vítimas do franquismo que terá lugar o vindeiro domingo 17 de xullo na Illa de San Simón. Este ano, polo seu 80 aniversario ten especial relevancia para chamar a atención sobre este espazo que debera ser fundamentalmente un lugar para a memoria.

Na illa de San Simón houbo moitos presos na súa colonia penitenciaria agardando en moitos casos un desenlace tráxico. É un sitio para o recordo mais tamén para reivindicar a xustiza nun presente onde aínda segue vixente a impunidade, a mentira e a apoloxía dese réxime de terror. Desde a Iniciativa Galega pola Memoria queremos un ano mais defender a verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición.

As persoas que estean interesadas en asistir teríanse que poñer en contacto coa Asociación memorialística da súa comarca que sexa membro da IGM co fin de organizar o embarque xa que as prazas son limitadas. A inscrición pecharase en canto se complete o número que lle corresponden a nosa comarca. Confirmarase e darase un tiquet a aqueles que poidan embarcar. Ninguén que non estea confirmado e co tiquet poderá embarcar por necesidades da propia limitación de prazas que teñen os barcos.

quarta-feira, 6 de abril de 2016

Moción en Narón relativa á conmemoración o 14 de Abril da proclamación da II República


Naron Esquerda Unida 31 mar. 2016
Parafraseando a ese gran comunista e poeta que foi Miguel Hernández, que rematou a súa luminosa vida un mes de Marzo de fai 74 anos nunha cadea fascista, “Xamais renunciaremos nin ao máis vello dos nosos sonos”. 

O 14 de abril cumpriranse 85 anos da proclamación da II República, o primeiro réxime democrático da nosa historia que instaurou un verdadeiro Estado de Dereito e proclamou a primeira constitución democrática de España. Esta Constitución plasmou o principio de igualdade dos españois ante a lei, ao proclamar España como “unha república de traballadores de toda clase que se organiza en réxime de Liberdade e de Xustiza”, o principio de soberanía popular, establece o sufraxio universal para homes e mulleres maiores de 23 anos. En economía a propiedade privada quedou suxeita aos intereses da economía nacional, constituíuse un “Estado integral, compatible coa autonomía dos Municipios e as Rexións”, o principio de laicidade “o Estado, as rexións, as provincias e os Municipios, non manterán, favorecerán, nin auxiliarán economicamente ás Igrexas, Asociacións e Institucións relixiosas”, ademais recoñeceuse o matrimonio civil e o divorcio así como o ensino primario laico, gratuíto e obrigatorio, e recoñécese a liberdade de cátedra.

Este sistema democrático acabou coa derrota na Guerra Civil para dar paso a máis de 40 anos de franquismo, de represión e de retrocesos.

O 14 de abril ten que ser unha data reivindicativa para reclamar o dereito á República e facer unha homenaxe a todos os alcaldes e concelleiros que coma nós defendían entón a legalidade e os intereses da veciñanza, moitos deles pagaron coa vida esta defensa, coma tamén o fixeron moitos veciños e veciñas dos concellos daquel período escuro, así como para condenar o golpe de estado contra a II República e a represión franquista. 

“Quen esquece a súa historia esta condenado a repetila”, isto o dixo fai moito tempo un tal Marco Tulio Cicerón, ala no 106 AC, esta é unha gran verdade, precisamos de ter Memoria Histórica. 

Porque a mal chamada Guerra Civil non foi unha guerra, foi un golpe de estado perpetrado por militares traidores as ordenes da oligarquía que defendía os seus privilexios, un golpe de estado contra un goberno lexitimo e referendado nas urnas, un golpe de estado covarde que provocou unha guerra brutal, os fascistas do bando mal chamado “Nacional” contaron con a inestimable axuda do fascista Benito Mussolini que enviou soldados e armas, tamén do NAZISMO de Adolf Hitler que aportou máis armas e a súa aviación, trouxeron tamén a Garda Mora, a todos eles o fascismo español lles abriu as portas para matar o seu propio pobo, no estado español fíxose un verdadeiro xenocidio ideolóxico, as fosas comúns seguen cheas da semente dun pobo que se quería libre. 

Lembro agora unha das imaxes de Castelao onde dicía, “Non enterran cadáveres enterran semente.”

Algúns din que cando falamos de memoria, xustiza e reparación, reábrense feridas, pero ¿como imos a reabrir feridas que nunca foron pechadas? cando eles mesmos encargáronse de mantelas abertas, de potenciar a separación das DOS ESPAÑAS, ¿como perdoar cando nunca se pediu perdón?, a ninguén se lle ocorre en Alemaña falar de que hai que esquecer o holocausto, alí negalo é un delito. 

Por Narón, polo noso concello tamén pasou a besta fascista, as cifras contan unha pequena parte do horror e o terror que se viviu, pero só temos datos estimados, tan só coñecemos a punta do iceberg da barbarie, posto que algúns aínda teiman en perder a Memoria. 

Temos documentados un total de 93 asasinados en Narón, unha parte deles foron mariñeiros que se mantiveron fieis a República e a legalidade durante o golpe, no Val foron fusilados e enterrados no cemiterio 48 mariñeiros do “Acorazado España” e do “Vapor Domine”, en San Mateo foron fusilados e enterrados no cemiterio 17 mariñeiros do “Mar Cantabrico”.

Nove veciños de Narón foron fusilados, quince foron paseados e asasinados nas nosas cunetas, un foi apaleado ata a morte, dous morreron en enfrontamento armado, outro morreu en prisión. 

Estas 93 persoas foron asasinadas, pero tamén están os represaliados, os que foron depurados, os desterrados, os escapados e exiliados, os presos, os multados...

Como terrible anécdota do terror das hordas Nacional Católicas do Franquismo, destas beatas persoas que loitaban por “Deus” e “España”, esta o feito de que o día 26 de Decembro, supoño que para celebrar o Natal, no Val foron fusilados máis de 20 mariñeiros do “Acorazado España”. 

O próximo día 13 de Abril Memoria Histórica acompañada por todas e todos os que queremos ter Memoria fará no cemiterio do Val e no de San Mateo unha ofrenda floral en homenaxe a todas e todos os represaliados. 

Honor e Gloria os nosos mártires. Saúde e República. 

¡A pola terceira!