Cangas - A Voz 10/4/2011
A asociación Memoria Histórica 28 de agosto descubriu onte na praza do Concello un monumento pola liberdade e contra a represión creado por Antonio Nores, membro do colectivo, no que debaixo dunha ilustración de pombas están gravados uns versos do poeta Claudio Rodríguez Fer.
Un par de centos de persoas asistiron ao acto, que incluíu música, un recitado de poemas e, como colofón, a interpretación do himno galego pola banda Belas Artes e un coro de voces de distintas agrupacións do municipio. Falaron dous descendentes de cangueses que foron asasinados en 1936, Bernardo Nores e Manuel Fernández, que pediron que non se volvan repetir aqueles actos de represión.
Nenhum comentário:
Postar um comentário