O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sábado, 2 de abril de 2011

O guerrilleiro español que preferiu morrer a delatar, Segundo Vilaboy



Traducción Estación Atlántica
Publicado por Amistad Hispano-Soviética
24/9/2010

Fai tempo que moitas mulleres e homes concibían un mundo libre de fascismo, de imperialismo, de militares. Aquelas persoas non entendían a vida sen o socialismo, e por el deron o máis prezado que un ser humano ten, a súa conciencia e a súa vida. Exemplo de todo isto é o seguinte relato adxunto de Segundo Vilaboy Martínez, que xunto a outros miles, forman a gloriosa historia dos guerrilleiros comunistas, xa sexan españois ou soviéticos, pois o inimigo de entón a ditadura fascista, é HOXE, doutro tipo, pero segue sendo, a mesma sociedade e ditadura a combater e erradicar: O IMPERIALISMO.

Nestor Guadaño

Enviado por Lorena Bustabad

O seu nome de guerra era Vila. Botouse ao monte durante a II Guerra Mundial para combater o fascismo. Confiaba en que os aliados derrocarían a Franco. Contan que baixo a culata da súa mosquetón, Segundo Vilaboy, gravou unha estrela vermella de cinco puntas sobre a fouce e o martelo. Foi capturado tras un enfrontamento a tiros coa Garda Civil.

Un consello de guerra sumarísimo condenao á morte o 31 de outubro de 1947. Tiña 29 anos. Dous días antes de morrer, executado a garrote vil no cárcere de Caranza, escribiu unha carta de despedida aos seus camaradas: "Se que se aproxima o meu fin. Vexo as caras dos gardas que se darán un festín sanguento en vésperas da Noiteboa. Así son estes que se chaman católicos".

Unhas 60 persoas -familiares, e grupos de esquerdas vinculados á memoria histórica- renderon unha homenaxe a Segundo Vilaboy Martínez (Ferrol, 1918-1947) no cemiterio municipal de Catabois, onde descansan os seus restos.

Obreiro, guerrilleiro, republicano, Vilaboy foi o secretario político do Comité do Partido Comunista en Ferrol. O historial da súa vida parécese ao guión dunha película que o historiador Bernardo Maiz Vázquez quixo rescatar do esquecemento. Durante anos, Maiz mergullou nos arquivos militares do franquismo e recuperou parte dos documentos que lle serviron para ganduxar a curta vida e cruel morte do guerrilleiro ferrolán, e que recompilou en "Resistencia, guerrilla e represión. Causas e Consellos de Guerra. Ferrol 1936-1975".

Vilaboy ingresou no estaleiro de Ferrol ao finalizar a Guerra Civil como plomero-tubero. A súa intensa vinculación ao PC, obrigouno a pasar moi pronto á clandestinidade nas filas do Exército Guerrilleiro de Galicia. Integrou a IV agrupación da resistencia galega, A Pasionaria.

A finais de maio de 1947, unha bala de nove milímetros deixouno malferido cerca do río Bellele, a medio camiño entre Neda e Fene, durante un intercambio de disparos con axentes da Garda Civil. Trasladárono ao hospital de Mariña de Ferrol. Operárono e só dous días despois, comezaron a interrogarlle.

"Non importou que estivese moribundo. Primeiro foron os interrogatorios, de 12 e 14 horas ata que, esgotado, perdía o sentido. Despois as torturas", escribiu na súa cela, en decembro de 1947, horas antes da súa execución. Unhas flores sobre a súa tumba e un sonoro tributo musical a cargo de Mencer Vermello, RPG7 e Mossin Nagant recordaron a Segundo Vilaboy Martínez 63 anos logo da súa morte.

Nenhum comentário:

Postar um comentário