O luns día 12 de decembro ás 18.00 horas, o Profesor e Investigador Luciano Concheiro (Universidad Autónoma Metropolitana, México), participará nun seminario aberto, dedicado ao exilio republicano en México. A actividade, organizada polo Consello da Cultura Galega e o "Proxecto Nomes e Voces" , terá lugar na biblioteca do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela.
Luciano Concheiro (Universidad Autónoma Metropolitana, UAM) imparte docencia nas seguintes licenciaturas: Economía, Socioloxía e Desenvolvemento Rural; sendo a súa principal liñas de investigación o estudo de mercado de terras en México. Na súa investigación realiza un diagnóstico e estuda alternativas sobre o mercado de terras para establecer unha proposta campesiña. Dirixe un estudo a nivel nacional e en concreto nos Ejidos de Oacalco e Tepoztlán, Morelos. Así mesmo, desenvolve unha investigación sobre a relación Estado e Campesiños en México. En canto ao mercado de terras, traballa en equipo con Tarrío e Diego; e na análise das políticas, programas e estratexias do goberno para o medio rural co conxunto do equipo.
Tamén é integrante do Programa de Desarrollo Humano en Chiapas e está desenvolvendo unha investigación sobre a estrutura agraria nese estado despois do levantamento armado do primeiro de xaneiro de 1994.
Outras das súas áreas de traballo son o Estado e a sociedade rural e a Ecoloxía e desenvolvemento rural.
Entre as súas publicacións destacan os libros: Privatización en el mundo rural: Las historias de un desencuentro, México DF: UAM-X, CSH, Depto. de Producción Económica; 1998, 1ra. edición, pp. 376; Los Mercados de Tierras en México, Roma: FAO, Roma, 1994; os artigos: "Nueva ruralidad y desarrollo territorial. Una perspectiva desde los sujetos sociales", Veredas 18, Primer semestre de 2009/año 10, Págs. 145-167; "Chiapas: los cambios en la tenencia de la tierra", Argumentos 51, Nueva época, año 19, mayo-agosto 2006; "Avances en la enseñanza del desarrollo rural", en Red de Instituciones vinculadas a la capacitación en economía y políticas agrícolas en América Latina y el Caribe. Brasil: Ed. REDCAPA/FAO/Universidade Federal Rural do Rio de Janeiro; Rio de Janeiro, 1996. p.33.
Nomes e Voces
Nenhum comentário:
Postar um comentário