O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quarta-feira, 14 de setembro de 2011

Apoio da Iniciativa Galega pola Memoria á concentración pola retirada da “Cruz dos Caidos” do Castro


A Iniciativa Galega pola Memoria, punto de encontro das entidades preocupadas pola restauración da nosa memoria histórica, coincidimos en esixir a eliminación da simboloxía franquista, tal como nestes momentos fixa a lexislación vixente no artigo 15 da lei 52/2007, obrigando as diferentes administracións a retirar as mencións conmemorativas de exaltación da sublevación militar do 18 de xullo de 1936.

As 43 entidades adheridas á Iniciativa fixamos esta reivindicación no noso manifesto fundacional e reiteradamente insistimos nesta reivindicación na que nestes momentos nos ampara a devandita lei porque consideramos moi grave a apoloxía e lexitimación do golpismo antidemocrático, da violación dos dereitos humanos, da conculcación das liberdades e demais valores autoritarios e reaccionarios que representa estes iconas que anacronicamente pretenden amnistiar algunhas autoridades aplicando a impunidade que se lle outorgou aos autores dos crimes do franquismo a aqueles emblemas que os homenaxean como figuras exemplares.

Por iso amosamos o noso apoio á concentración pola retirada da “Cruz dos caidos” do Castro de Vigo que terá lugar hoxe , mércores 14, ás 20:00 h. Diante deste aldraxante símbolo.

Iniciativa Galega pola Memoria

Nenhum comentário:

Postar um comentário