O vindeiro martes día 31 de xaneiro ás 20.00 horas e na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa) terá lugar a presentación do libro "Mulleres na guerrilla antifranquista galega" (Edicións Laiovento) de Aurora Marco. O acto que esta organizado pola Asemblea Republicana de Vigo contara coa participación do editor Francisco Pillado Maior e da propia autora.
Aurora Marco é Catedratica de Didáctica da Lingua e a Liteartura Galega na Fac de Ciencias da Información da Univ de Compostal. No campo da investigación é autora de unha veintena de libros levando as súas liñas de investigación polos territorios da Lingua, a Literatura e o Xenero. Nos últimos anos ten adicado atención preferente á recuperación e visibilización das mulleres represaliadas durante a ditadura e participado en numerosos congresos e xornadas sobre Memoria Histórica. Da súa bibliografica compre sinalar: Ramón Otero Pedrayo. Teatro Ignorado(1991) "As precursoras"(1993) "Mulleres e educación en Galiza"(2002) é "Diccionario de Mulleres galegas. Das orixes a 1975"(2007)
Nenhum comentário:
Postar um comentário