Laopinióncoruña.es -Redacción | Santiago. 2/1/12
Case unha cuarta parte das 49 fosas con vítimas
da Guerra Civil localizadas en Galicia (un total de 12) aínda non foron abertas
36 anos despois da morte do ditador Francisco Franco, aínda que as familias e as
diferentes asociacións que loitan pola súa localización e a dignificación das
vítimas destacan o avance na recuperación dos restos e a dignificación que
supuxo a lei de memoria histórica. O mapa que recolle a web do Goberno revela
que as fosas non intervidas están en Valdoviño (A Coruña); nas localidades
lucenses de Seoane do Caurel, Remeite, Candedo, Guitiriz e O Incio; en
Campobecerros, Pentes, Soulecín (Ourense); e en Filgueiras, O Porriño e San
Andrés de Xeve (Pontevedra).
Con todo, segundo os datos que recolle esta
web, outras 19 foron totalmente exhumadas e delas recuperáronse 100 vítimas; en
catro casos a exhumación foi só parcial; e outras 12 fosas foron no seu momento
trasladadas ao Val dos Caídos.
Nenhum comentário:
Postar um comentário