Homenaxe a Amador e Daniel 13 de marzo 2011
A asociación "Ferrolterra Nosa Memoria" lamenta o desproporcionado decreto do alcalde no que decide declarar 3 días de loito polo pasamento de Manuel Fraga Iribarne.
Sin congratularnos da morte de ninguén, consideramos que a figura dun ministro de Franco non pode ser merecente de tales honras.
Non hai que esquencer que a represión da ditadura foi extremadamente sanguinaria na nosa comarca.
Precisamente este ano comemoramos o corenta aniversario das mortes de Amador e Daniel, brutalmente asesinados pola dictadura fascista da que foi ministro o señor Fraga.
Unha democracia sana non se pode construir sobre o esquezemento das victimas.
A memoria das victimas da dictadura teñen que estar sempre no noso recordo. E isto supón unha imcompatibilidade total coa actuación do goberno municipal de Ferrol. Nón se pode seguir mantendo a figura de fillo predilecto a ningún ministro dunha ditadura froito dun golpe de estado e dunha brutal represión. Nin se poden outorgar ningún tipo de distincións oficiais a aqueles que formaron parte dún rexime que careceu de calqueira tipo de lexitimidade democrática e que foi unicamente froito da forza das armas.
Unha aministración municipal realmente democrática ten que distinguir claramente o que foron corenta anos de reximen fascista totalitario e o que foi a loita antifascista. Os heroes desta democracia non poden ser os ex ministros franquistas. Teñen que ser aqueles que foron victimas por loitar contra él. As persoas que ten que honrar o concello són as mais de mil victimas do franquismo existentes nesta comarca. E cremos que xa chegou o momento de facelo restaurando a memoria daqueles que fican enterrados nas cunetas, que foron asasinados simplemente por crer na liberdade e na xustiza. Declarar tres días de loito pola morte de Fraga Iribarne e un insulto ós bos e xenerosos que loitaron por un mundo mellor.
As victimas nón o merecen.

Nenhum comentário:
Postar um comentário