Traducción Estación Atlántica
Federación de Sociedades Galegas Abril 7, 2012
A Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina invita á comunidade ao acto en conmemoración do 81º aniversario da Proclamación da II República Española, que terá lugar o vindeiro sábado 14 de abril, a partir das 20, no Teatro Bambalinas, situado en Chacabuco 947, do porteño barrio de San Telmo.
Na oportunidade, con entrada libre e gratuíta, presentarase a agrupación musical Club Artístico Liberdad, que ofrecerá o seu espectáculo Rojo e Negro, Cancións Republicanas da Guerra Civil Española, no que recuperan para o público un amplo repertorio de cancións daquela época.
Coa presenza de numerosos invitados especiais, entre os que se destacan o amigo e compañeiro de loita do Che Guevara, Xeral (R) Oscar Fernández Mel, actuarán a Banda de Gaitas Duas Beiras (liderada por Pepe Lema), a Coral Semente (dirixida por Viviana García), o Corpo de Baile Galego Duas Beiras (orientado por Oscar Cobos Martínez), e a cantante arxentino-galega, Lorena Lores.
Como de costume, ao termo do espectáculo artístico os asistentes poderán gozar da típica queimada galega que, co habitual recitado do conxuro, prepara Ramón Suárez "O Muxo".
Para maiores informes, visitar a nosa sede de Chacabuco 955, de luns a venres, de 17 a 20, ou ben comunicarse ao 4300 1790.
Nenhum comentário:
Postar um comentário