O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sexta-feira, 4 de abril de 2014

Homenaxe ao homes e mulleres da Asociación Pola Memoria Histórica do 36 de Vigo.

 
Este sábado 5 de abril  ás 19.30 e no Bar Metropol
(rúa Areal, 40)  xuntarémonos para tomar un viño republicano e para render homenaxe ao homes e mulleres da Asociación Pola Memoria Histórica do 36 de Vigo.  E farémolo  porque é de xustiza. Polo seu traballo e entrega ao longo destes anos na recuperación da nosa memoria colectiva local, polo seu inquebrantable combate á procura da verdade, da xustiza e da reparación para coas vítimas do franquismo, pola súa valente teimosía por darlle vida e espazo na histórica a tantos e tantos  lugares de memoria silenciados pola ditadura e os seus cómplices de hoxe, por non ter retrocedido, nin un milímetro, no combate por facer desaparecer todos os símbolos do franquismo que, aínda hoxe, enchen de oprobio e vergoña aos que os manteñen. Por todo iso estaremos con eles este sábado no Metropol brindando pola República.
P.D. Axuntamos fotos dos valados publicitarios das rúas Gran Via, Avd. de Madrid e Calvario
Nos autobuses de VITRASA prohibiunos o alcalde (Abel Caballero do Pso€) pero velaí os tedes nos taboleiros das rúas 
 
Asemblea Repúblicana de Vigo
 
 

Nenhum comentário:

Postar um comentário