A Querela Arxentina: Xenocidio franquista, que tramítase no Xulgado da Doutora María Romilda Servini de Cubría, foi presentada diante da Xustiza Arxentina o 14 de abril de 2010. Responde ao principio de Xustiza Universal, o mesmo no que baseóuse a Xustiza do Estado español, a través do Xuíz Garzón, para xulgar os delitos de Lesa Humanidade ou de Xenocidio cometidos na Arxentina, así como tamén en Chile a Pinochet.
O mecanismo básico, dirixido a calquera persoa que poda testemuñar dun delito de desaparición e / ou asasinato de alguén durante a ditadura fanquista, consiste en responder a este correo, indicando a vontade e identidade da(s) persoa(s) que desexen denunciar dito(s) delito(s). Eu, como persoa encargada de recompilar todo tipo de adherencias a esta querela, contactarei cos dous avogados arxentinos que están levando a causa no Estado Español, Carlos Slepoy e Ana Messuti, que operan como avogados dos querelantes, pois son eles quen coordinan e operan como apoderados dos querelantes. E dado que a Xuíza federal arxentina, Servini de Cubría, ten a intención de desplazarse ao Estado español a fíns de xuño, e ten a intención de desprazarse, tanto á embaixada arxentina en Madrid, como aos consulados arxentinos que hai no Estado, para tomar declaración a todas as persoas que decidan sumarse á querela, o único que habería que facer, por parte de calqueraz persoa que manifeste a súa intención de unirse á querela, sería CUBRIR E ASINAR o impreso que se adxunta (antes do 1 de xuño de 2012), e, cando veña a Xuíza Servini a Galicia (sería a Vigo, que é onde está o consulado arxentino), faríamos por organizar o traslado das persoas querelantes a dito consulado.
O impreso que se adxunta consiste nun escrito, indicando a identidade da persoa querelante, e unha breve descrición do delito do que a persoa querelante é testemuña. A este escrito, se houbera, deberá acompañarse todo tipo de documentación (evidentemente fotocopiada, nunca os orixinais) que poda enriquecer a descrición do delito a denunciar. Fotos, documentos xudiciais, etc. Pero se non houbera ningún documento, pois non pasaría nada.
Pero, se tés a intención de participar coa tua testemuña neste proceso de denuncia do franquismo, non tés por qué viaxar a Arxentina. Podes facelo desde a túa casa, contestanto a este correo, ou chamando ao teléfono 645029338 (preguntando por Rubén, e preferiblemente polas tardes, por razóns laborais). É moi importante esta denuncia, xa que logo de 40 anos de ditadura, e de 35 de impunidade, non pode ser que aínda sigamos camiñando sobre os ósos de persoas asasinadas polo réxime ditatorial de Franco, non pode ser que a nosa democracia non peche dunha vez esas feridas abertas polo franquismo.
Xa abonda, xa chegou a hora de reclamar VERDADE, XUSTIZA e REPARACIÓN para todas as vítimas do franquismo.
Agardando polas vosas testemuñas, recibide tod@s unha forte aperta.
Rubén Afonso Lobato
(tfno.645029338 - tardes), Secretario da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
P.D.- Por favor, re-envíen este correo a tódolos vosos contactos. Moitas grazas.
Interesante.
ResponderExcluirPrecisamente había entrado a tu muro de FB con la intención de pegarte allí ésta noticia 8http://niavero.org/2012/04/23/la-justicia-argentina-investigara-en-espana-crimenes-de-lesa-humanidad-del-franquismo/)
pero ya veo que estás en todo.
Un abrazo con fuerza.