Transformacions de Fraga en Cambados |
19/12/2013 - O Progreso (Lugo)
A Lei de Memoria Histórica non impide a dedicatoria
dunha rúa en Lugo ao expresidente da Xunta e exministro franquista,
Manuel Fraga. Polo menos si o estima o secretario do Concello, José
Antonio Carro Asorey, no informe que lle encargou o alcalde despois de
que a comisión do rueiro acordase levar a pleno a posible inclusión no
nomenclátor lucense do político vilalbés.
O secretario municipal, logo de facer un breve resumo
da actividade pública de Fraga e recordar que exerceu tamén como
profesor de Dereito e diplomático, e que participou na redacción da
Constitución española, alude a varios artigos da Lei de Memoria, entre
eles o que expón a retirada de escudos, placas ou mencións de exaltación
persoal ou colectiva da sublevación militar, a Guerra Civil ou a
ditadura. Neste sentido, Carro Asorey pregúntase se dedicarlle unha rúa
ao político vilalbés supón un acto de reivindicación desas etapas
históricas ou se pode dar lugar a enfrontamento, ofensa ou agravio, para
acto seguido determinar que, en base á súa biografía, «pódese
argumentar que ou nome de Manuel Fraga non conmemora a exaltación» deses
acontecementos.
Ademais, xustifícase indicando que na actualidade hai
moitas rúas e nomes doutros políticos daquela época como Adolfo Suárez,
«e non se coñecen maiores problemas», sinala.
O mesmo mutando o pelaxe |
ResponderExcluir“ ...Pruebas incontrovertibles demuestran que Franco fue, con Hitler y Mussolini, parte culpable en la conspiración de guerra… “
( se habla de la 2ª guerra mundial; para leer la resolución completa pulsar a la izquierda en el número de resolución (39) )
http://www.un.org/spanish/documents/ga/res/1/ares1.htm
ResponderExcluires la Resolución de la Asamblea General de la ONU del 12/12/1946