Como vimos facendo todos estes últimos anos para celebrar a memoria de Manuel Ponte Pedreira, Manuel Rodríguez "O Asturiano" e Manuel Díaz Pan, o día 21 de abril, sábado, xuntarémonos ás 11,45 no Mesón CASAVELLA de Abellá (Frades) para irmos xuntos ao lugar onde os mataron, e que é onde temos por costume facer a celebración do acto de lembranza (alí poderán facer brevemente uso da palabra quen o desexe). Logo iremos ao cemiterio e despois, coma sempre, haberá un xantar de confraternidade, alí perto, no que cada un paga o seu, como en Ribadeo. Unha aperta de buxo, Mero.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário