O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sábado, 12 de setembro de 2015

"Os últimos fusilados do Franquismo foron vítimas dun simulacro de xustiza"

Traducción Estación Atlántica

"Papá, mamá: execútanme mañá. Quero darvos ánimos. Pensade que eu morro, pero que a vida segue".

Atlántico - Ana Fuentes - Vigo 9/9/15
Estas primeiras liñas da carta que o vigués Xosé Humberto Baena escribiu aos seus pais antes de ser fusilado na madrugada do 27 de setembro de 1975 ilustran a portada de "Mañá cando me maten. As últimas ejecuciones do franquismo", de Carlos Fonseca (Madrid, 1959). Entre os cinco fusilados estaban o vigués Xosé Humberto Baena e José Luís Sánchez-Bravo, de Gondomar. O xornalista e escritor preséntao hoxe ás 19:30 horas na Casa do Libro.

Como chega ao tema dos últimos fusilados do franquismo?

Este ano cumpríase o corenta aniversario e a min todos estes temas da Guerra Civil e a posguerra interésanme e pareceume un bo momento para abordar un tema do que pasaron moitos anos e é bastante descoñecido. Sobre todo penso nos que naceron logo da morte do dictador, que descoñecen o tema ou teñen un coñecemento bastante difuso.

Conta na introdución que se atopou moitas dificultades para acceder á documentación. pasou moito tempo pero parece que non foi tanto.
Si, porque temos unha lei de patrimonio histórico que establece que a documentación daquelas persoas das que se coñeza o seu falecemento é de acceso público transcorridos 25 anos, pero dos que non conste ou non falezan son 50. Aquí hai condenados que foron fusilados e eu tiña autorización das familias, pero hai outros que faleceron pero despois. A situación é bastante absurda porque teño autorización das familias, que teñen dereito a acceder ás causas. Ademais, facilitáronlleme copia dos sumarios de dous dos procedementos censuradas, tachando nomes e datas de forma bastante absurda. Incluso a sentenza facilítalleme de forma incompleta, cando hoxe os xulgados facilitan sentenzas todos os días. E dáse a paradoja de que sentenzas de fai corenta anos, que o Parlamento declarou ilexítimas coa Lei de Memoria Histórica, non se poden consultar íntegramente. Grazas a que os avogados tiñan copias puiden completar os procedementos.

Logo de ver a documentación, os sumarios e falar coas familias cal é a súa opinión sobre aqueles acontecementos?
Clarísima. Foron vítimas dun simulacro de xustiza. Hai probas que se obtiveron mediante torturas, noutros casos as probas manipuláronse e recorreuse a procedementos sumarísimos que convertían nun teatro calquera simulacro de xustiza. Instruíanse co coñecemento exclusivo do xuíz e o fiscal, os acusados permanecían incomunicados durante toda a instrución, só cando se daba por terminada a investigación dábase traslado á defensa, que tiña un periodo de catro horas para ler o expediente, entrevistarse co seu cliente e propoñer medios de proba, que eran rexeitados na súa práctica totalidade. Había unha condena de antemán. Houbo once condenas de morte, seis foron conmutadas e executáronse cinco. Tocoulles a eles coma se tocoulle a calquera dos outros.

Iso para a familia debe ser aínda hoxe moi duro.
Pois si. Por iso foi especialmente emotivo falar con Flor e coa noiva de Baena, que me contou en primeira persoa como os carearon a ambos e como Baena estaba esnaquizado polas torturas, non podía nin falar. Ela sostivo con firmeza que non lle coñecía de nada e grazas a iso puido salvarse. Falar coa irmá de Sánchez-Bravo, que estivo toda a noite previa aos fusilamientos con el. Falar coa muller de Sánchez-Bravo que tiña 21 anos e estaba embarazada. Todos estes testemuños en directo seguen mantendo unha forza tremenda. Todos teñen os feitos moi presentes.

Nenhum comentário:

Postar um comentário