Avda. Clara Campoamor. Saida do hospital novo hacia Vigo, no vial da
Universidade
Estes valados que aquí remito en arquivo adxunto, estarán colocados ata o día 29 deste mes en Vigo. Foron costeados coas aportacións económicas de moitos e moitas de vos. Moitas grazas. Pero aínda queda pendente a publicación en Faro de Vigo dunha grande esquela, laica, reivindicativa e memorialista que sexa quen de golpear a conciencia do pobo e, ao tempo, axude a realizar un exercicio de memoria e homenaxe aos que deron a súa vida loitando contra a dictadura.
Para poder sufragala permanece aberta un numero de conta de Abanca ES20 2080 5217 2130 4000 2915 na que podedes facer as aportacións económicas que consideredes oportunas, debendo indicar no concepto 27 DE SETEMBRO 2015.
Grazas outra vez a todas e todos
Celso López
Pola Comisión 27 de Setembro
PD Pregamos difusión
|
Nenhum comentário:
Postar um comentário