O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

segunda-feira, 5 de abril de 2010

Documental "Aillados"


Na sección de documentais podeis ver un resumo de
"Aillaos"

A historia do campo de concentración da Illa de San Simón (Ría de Vigo) durante os anos da Guerra Civil española (1936/39), contada polos seus protagonistas. Horas e horas de gravación en vídeo deron lugar a este documental no que se tenta reflexar a emoción e a traxedia daqueles anos. Un traballo de investigación plantexado cunha metodoloxía de historia oral. Interveñen Carlos Casares, Alfredo Bautista "Reisiño", Teresa Blanco, Joaquín Nores, Heriberto R. Bermejo, Antonio Piñeiro, Antonio Salvador Caja, Manuel Barros, Ángel Fdez. del Rio, Antonio Durán, Ildefonso Puente, Carlos Alonso.

Ficha artística
Cámara: Antonio Caeiro, Txema Rodríguez
Entrevistado: Manuel Barros
Guionista: Antonio Caeiro, Juan A. González, Clara Mª de Saá
Montaxe: Antonio Caeiro, Txema Rodríguez
Música: Arturo Solar
Presentación ou locución: Ricardo Pita
Realización: Antonio Caeiro
Ficha técnica
Distribuidora RB Produccións & Multimedia
Produtora Buxo Produccións, Off Films. SL, Olympus Comunicación
Titulo orixinal: Aillados, a historia da Guerra Civil en Galicia
Tipo: Documental
Xénero: Histórico
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 59'
Orixe: Galicia
Ano: 2001
Idioma V.O.: Galego
Subtitulada: Castelán

Nenhum comentário:

Postar um comentário