O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sábado, 27 de dezembro de 2014

Homenaxe aos que defenderon a liberdade. Marín decembro 2014



 

Axenda de Marín 27/12/14

Acto: Homenaxe aos que defenderon a liberdade
Día: 31 de decembro
Hora: 13h
Lugar: Paseo Marítimo "Antonio Blanco"
Organiza: Asociación Recuperación da Memoria Histórica de Marín
 
O vindeiro mércores 31 de decembro, ás 13 horas no Paseo Marítimo "Antonio Blanco", terá lugar o acto anual da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín en lembranza das persoas "que defenderon a liberdade".
 
Intervirá o profesor Iago Santos Castroviejo, contarase coas actuacións do cantautor Samu Acuña e do gaiteiro Felipe Rea e farase a ofrenda floral en homenaxe e recordo dos veciños vítimas do chamado Alzamento Nacional, que tratou de desmantelar o sistema democrático iniciado coa 2ª República.
 
Amparándose nuns ilegais Tribunais Militares, ditan sentenza baixo o réxime dos Bandos declaratorios do Estado de Guerra; na vila de Marín, o alcalde e directivos das organizacións sindicais, coñecido o propósito das autoridades militares, constitúense en Comité de Guerra con activa participación de todos os procesados:
 
-Antonio Blanco Solla, alcalde socialista
-Amando Iglesias Pérez, presidente da Sociedade de Mariñeiros,
-Santiago Ramos Ramos, presidente da Sociedade de Canteiros,
-Albino Agraso Santamaría, impulsor das Xuventudes Socialistas en Seixo,
-Bernardino de la Torre Fernández e
-Demetrio Lorenzo Ordóñez, funcionarios do concello, foron condenados como responsables dun delito de rebelión militar á pena de morte .
 
No folio 233 obra dilixencia da execución da sentenza, que literalmente di:



"EJECUCIÓN DE LAS PENAS DE MUERTE. En Pontevedra a treinta y uno de diciembre de mil novecientos treinta y seis S.S.ª, por ante mi, secretario, dispuso hacer constar por la presente a las diecisiete horas treinta minutos del día de hoy fueron conducidos los reos, desde el piso bajo del cuartelillo de la Guardia Cívica de esta plaza, donde se hallaban en capilla, al kilómetro uno de la Avenida del Uruguay (Monteporreiro), donde se encontraban formadas las fuerzas con arreglo a lo dispuesto por Excmo.Sr.Gobernador Militar de esta Plaza, acompañando a los reos su defensor, el Alférez de Complemento de Artillería D.Juan José Astor García de Medrano. Colocados los reos en dicho lugar frente al piquete, fue dada la orden de fuego, quedando ejecutada la sentencia, según manifestó el médico D. Francisco Ogando Soto, quien reconoció los cuerpos de los ejecutados y certificó sus defunciones."

 
Dende a Asociación pola da Recuperación da Memoria Histórica de Marín queremos render homenaxe aos marinenses executados por defender as liberdades e mellorar as condicións de vida da clase traballadora, como os mariñeiros:

-Amable Soto González
-Manuel García González (Apache)
-Eugenio Dopazo Calviño
-Daniel Pereira Figueroa
-Manuel Gil García
-José Barreiro Núñez
-Ignacio Domínguez Abal
-Eugenio González Veiga
-Juan Domínguez Tourón
-Santiago García Area

Que forman parte do colectivo máis numeroso e perseguido da nosa vila, sufrindo directa e cruelmente as consecuencias do Golpe Militar.
 

Video sobre o Golpe de Estado de 1936 no concello de Marín. Algunhas das persoas, homes e mulleres, que sufriron represión

Nenhum comentário:

Postar um comentário