Na sección de fotos da páxina web da Asemblea Republicana de Vigo subíronse algunhas da manifestación do 14 de abril. Se alguén ten fotos e quere
subilas, non ten máis que mandalas nun correo a este enderezo contacto@asemblearepublicana.org
martes, 23 de abril de 2013
Entre a República pasada e a futura
![]() |
| Antonio Nores no acto do 2011 |
Cangas lembrou a experiencia republicana dos anos 30 esixindo a superación da monarquía
Faro de Vigo 14.04.2013
F.G.S. - Cangas/Bueu
A Asociación Memoria Histórica 28 de Agosto organiza hoxe en Cangas os
tradicionais actos para conmemorar a II República así como para lembrar
como se sentiu esta experiencia democrática dos anos 30 na vila
canguesa. Aínda que o acto amósase máis actual ca nunca, xa que
aproveitando o descenso de popularidade que vive a institución
monárquica e os continuos escándalos que salpican á familia real, os que
participen na concentración pedirán abertamente a construcción dun
futuro colectivo republicano.
Os actos comezan ás 13.00 horas cunha concentración na praza do Concello á que están convidados todos os veciños e continúa cun apartado adicado á música e a palabra. Tras unha ofrenda floral aos mortos durante a Guerra Civil por defenderen ideas democráticas, darase lectura á proclama republicana lida o propio 14 de abril de 1931 por Niceto Alcalá-Zamora.
A lectura dun manifesto asinado por Iniciativa Galega pola Memoria e que ten por título "Fronte a unha monarquía caduca, construamos un futuro republicano", porá fin á actividade diante do Concello. Os actos rematarán cun xantar de confraternidade republicana.
Os feitos ocorridos o 14 de abril do 31 en Cangas e que remataron coa proclamación de Francisco Eiroa Graña como alcalde, tamén serán lembrados no acto.
Nota da Estación Atlántica: O día 15 de abril fun informada de que un dos textos elixidos de forma expontánea para ser leido durante os actos en Cangas foi a publicación sobre o 14 de abril publicada na Estación Mediterránea, desde aqui quero agradecerlle a Antonio Nores que lea as miñas publicacións e que haxa ter interese en dar a coñecer esta sinxela apunta:
MJBarreiroLG en RadioBCN Estación Mediterránea ABF 14/4/2013
Hoxe esta data adquire unha especial relevancia, grazas ao esforzo e constancia de todos, si séntese máis preto, menos utópica; o republicanismo vai calando fondo entre máis xente, chegou a persoas que ata aquel mítico e histórico 15M rexeitaban que a primeira proposta das propostas máis urxentes é botar á familia borbón. Esa familia que está empeñada en subxugarnos e facernos os seus súbditos cales plebeyos na máis escura das idades medias. Por fin o debate é máis publico, esta máis estendido... este ano as celebracións seguiron crecendo por toda a geografia da península...
Apesar do expolio fascista sufrido desde o golpe de estado militar de 1936 apoiado pola igrexa católica ata os nosos días, apesar desa restauración borbonica imposta polo genocida autoproclamado generalisimo de todos os ejercitos, e "consensuado" ás costas do pobo polos pactos da moncloa; malia todo iso, podemos volver retomar as nosas vidas e a nosa história e que se vaian do mellor xeito posible para pechar as portas a absurdas nostalxias de contos medievais, que se vaian e devolvan o que é do pobo... dificil petición...pero que se vaian por onde viñeron... que recorden eles e os seus descendientes que o pobo non os han traido... ¡ese xuramento aos principios do glorioso movemento nazional! nas nosas memorias...
Desexando que se volva facer realidade a frase de Valle Inclán tan enche de razón e cunha actualidade que oxalá sexa outra vez unha premonición: "Os españois botaron ao último dos borbóns, non por rei senón por ladrón".
Detrás dos borbóns irase tamén outra lacra social, os privilexios da igrexa católica ...
Co desexo de que hoxe sexa o comezo do seu fin...
Feliz 14 de abril!!

venres, 12 de abril de 2013
A proclamación da República en Cangas
![]() |
| O barco de pasaxe Alegria |
Como resultado do
clamoroso triunfo do republicanismo nas cidades nestas eleccións municipais,
derreou a monarquía, o Rei fuxiu de España e o 14 de abril proclamouse a II República entre a máis fermosa e masiva ledicia.
Era tal e tan mestra a presión das masas nas rúas que en Madrid non podía nin
tan sequera mobilizarse a garda civil, nin a tropa estaba disposta a acatar
ordes de actuar para soster o descomposto réxime monárquico. En Cangas, o
martes 14.IV.1931, día da proclamación da II República Española ( EPG,
21.IV.1931, p. 11, “Cangas”) pola tarde, no último vapor ( o Alegría)
“ Viña de Vigo don Francisco Eiroa e don
Lorenzo Corbacho coa bandeira tricolor enarborada no mastro do barco, e as
pitadas da sirena congregouse no
molle unha inmensa multitude entre a que se atopaba a Xunta do Centro
Republicano: os seus membros, en unión dos citados señores, puxéronse á fronte
dunha manifestación que percorreron as rúas e cantando a Marsellesa e a
Internacional.Ó chegaren á casa do Concello, o señor Eiroa Graña, en unión dos
concelleiros de esquerda e Centro Republicano, pediu ó ultimo alcalde da monarquía, señor Gandara, que lle fora
entregados os poderes en nome da nacente República, ó que accedeu este último e
acto seguido o señor Eiroa constituíu, baixo a súa presidencia, un comité que
actuou no mesmo instante, acordando declarar o mércores festa local. O mércores
ás doce do día organizouse outra manifestación que, partindo da Casa do Pobo e
con a bandeira da Alianza Mariñeira levada polo seu presidente don Manuel Nores
recorreu as rúas ata chegar á Casa do Concello, poñendo onda bandeira
republicana a da Alianza Mariñeira e
dirixindo a palabra ó público o señor Nores, As catro da tarde chegou o
delegado do señor gobernador civil da República e procedeuse á formación dun
Concello intregado polos conselleiros de esquerda”.
O 15 de abril, o alcalde insta ós mestres de
Cangas “ para festexar-la proclamación da
República en España. Rogo a V. suspenda no día de hoxe as clases, facendo
entrega inmediatamente nesta alcaldía dous retratos dos reis e a bandeira que
ten ese centro escolar”, e o mesmo día pídellos tamén ás autoridades
municipais.
Entre os primeiros pasos do goberno
municipal está a solicitude de revisión do cumprimento da legalidade polo
goberno municipal da ditadura ( EPG, 26.IV.1931, “Cangas”). Na sesión do
domingo 26 (EPG, 28.IV.1931, p.11, “Cangas”) tomáronse acordos de tipo
simbólicos como cambiar os nomes de certas rúas: en frase de Eiroa: “ Ante o clamor popular caen partidas a
marteladas marmóreas placas coas que na Ditadura os de abaixo se adicaban a
incesar ós arriba”, por iniciativa de Lorenzo Corbacho ponse o retrato de
Pablo Iglesias no salón de sesións e máis a participación do Concello no primeiro
de maio. Tamén se interesan na anovación do control das rutinas: a Audiencia
Territorial nomea xuíces e fiscais municipais, e no centro republicano
celébrase unha ampla reunión “ que protesta contra a elección dalgúns dos
mencionados señores” ( o xuíz municipal, Agustín Jorge, é republicano, pero non
así algúns outros ) . As reestruturacións nos poderes locais provocan tamén razoamentos
Historia de Cangas
1900-1936
Iago Santos
Castroviejo- Antonio Nores Soliño
![]() |
| Francisco Eiroa Graña |
xoves, 11 de abril de 2013
Actos republicanos en Redondela
Falo de Redondela 11/4/13
Este ano, como tantos outros, o Colectivo Republicano de Redondela realiza os actos do mes de abril. Serán os seguintes:
-Sábado 13 de abril, ás 20:30 horas, estrea da película “Assalto ao Santa María” na sala Discotasca. Entrada de balde.
-Domingo 14 de abril, ás 13 horas,
ofrenda floral na foxa común do cemiterio dos Eidos e, á continuación,
ofrenda floral na praza da IIª República.
-Domingo 14 de abril, arredor das 14
horas, xantar republicano no furancho de Moncho, en Nespereira-Pazos de
Borbén, prezo 15€ (Avisar ao compañeiro David no teléfono 682152025).
Saúde e República.
mércores, 10 de abril de 2013
Dìa da República: concentración en Pontevedra
DÍA DA REPÚBLICA: CONCENTRACIÓN
14 de Abril. 12:30 horas na Praza de España
Convocan: PCG, Esquerda Unida, UJCE, Republicanos.
Festa da república en Ourense
Del 3 al 14 de Abril. FESTA DA REPUBLICA
*3 de Abril.
20:30 horas. Inauguración EXPOSICIÓN de carteles.
Lugar: Ateneo.
21.00 horas. CONCIERTO. Con Manolo Herminio y Baldomero Pavón. Lugar: Ateneo
21.00 horas. CONCIERTO. Con Manolo Herminio y Baldomero Pavón. Lugar: Ateneo
*10 de Abril
20:30 horas. CINE: "La Conspiración", de Pedro Olea.
Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
*11 de Abril
20:30 horas. TERTULIA. Sobre Jacinto y Silvio Santiago. Lugar: Liceo.
*12 de Abril.
20:30 horas. CONFERENCIA: "La Corrupción Sistémica". Ponente: Carlos Varela. Lugar: IES Otero Pedrayo.
22:30 horas. CENA AMIGOS DE LA REPUBLICA. Cubierto: 25 euros. Lugar: Aixiña. Rúa Recaredo Paz, 1
*13 de Abril.
*13 de Abril.
22:00 horas. ROCK. Lugar: Plaza San Marcial.
*14 de Abril.
12:00 horas. ACTO HOMENAJE. Lugar: Cementerio de San Francisco. Convoca estos actos: Amigos da República.
Etiquetas:
14 de abril,
actos,
aniversario,
cine,
coloquio,
concerto,
conferencia,
exposición,
homenaxe,
Ourense,
tertulia
VI Festa Repúblicana en Cambre
Lugar: Local sociocultural de SDCR Sporting Cambre
Reivindicando a República. Con churrasco, chorizos, sobremesa...
Convoca: EU-Cambre.
Actos de conmemoración da proclamación da II República en A Coruña
Traducción Estación Atlántica
Escrito por Ateneo 21.03.2013
Actos de conmemoración da proclamación da II República Española. dìa 14:
12,00 horas. Cemiterio Civil. Do mesmo xeito que en anos anteriores, o Ateneo Republicano de Galicia organiza unha ofrenda floral no cemiterio Civil da Coruña.
13,00 horas. Punta Herminia. Campo dá Rata. Concentración e alocución conmemorativa ante o Monumento aos fusilados.
14,15 horas. Restaurante Playa Club (Andén de Riazor s/n). Comida de confraternización republicana. Rógase confirmar asistencia antes do xoves 11 de abril. Os asociados recibirán o menú e as condicións por correo postal.
18,00 horas Concentración jardines Mendez Nuñez
Acto conmemorativo pola II República española en Bos Aires
Festejos por la II República Española, A Coruña, 14 de abril de 1931
Traducción Estación Atlántica
Federación de Sociedades Gallegas | abril 3, 2013
En conmemoración do 82º aniversario da Proclamación da II República
Española, a Federación de Asociaciòns Galegas da República Arxentina
invita á comunidade ao acto a desenvolverse o vindeiro sábado 13 de
abril, desde as 19, no Teatro Bambalinas, sito en Chacabuco 947, da
Cidade Autónoma de Bos Aires.
Ademais, ao cumprirse o primeiro mes da desaparición física do presidente da República Bolivariana de Venezuela, Comandante Hugo Rafael Chávez Frías (28/07/1954 - 05/03/2013), realizarase unha homenaxe á súa figura.
Con entrada libre e gratuita, presentarase nesta ocasión o grupo musical Club Artístico Liberdad, que ofrecerá o seu recoñecido espectáculo "Rojo y Negro" de cancións republicanas da Guerra Civil Española, traballo que tamén foi plasmado nun disco compacto de recente aparición.
Especialmente invitados, asistirán o deputado Nacional pola Cidade de Bos Aires (Frente Nueva Encuentro), Juan Carlos Junio; os embaixadores de Venezuela, Carlos Eduardo Martínez Mendoza; e de Cuba, Jorge Lamadrid Mascaró; entre outras personalidades do ámbito político, social e cultural.
Así mesmo, durante o acto presentaranse a Banda de Gaitas "Duas Beiras", que dirixe Pepe Lema; e o Coro Semente, conducido por Viviana García.

Como xa é tradicional, ao término do espectáculo artístico, o público poderá gozar da típica queimada galega que, co habitual conxuro, prepara Ramón Suárez "O Muxo".
Para maiores informes, os interesados poderán achegarse á nosa sé de Chacabuco 955, de luns a venres, de 17 a 20, ou ben comunicarse ao teléfono 4300 1790.
domingo, 7 de abril de 2013
Calendario de actividades Semana da República en Marín
A Asociación pola recuperación da Memoria Histórica de Marín presenta
o calendario de actividades que vimos organizando durante os últimos
anos en torno ao 14 de abril co gallo da celebración do "82 Aniversario da República". Estimamos contar coa vosa presenza.
- O venres 12 de abril ás 20:00 horas terá lugar a conferencia-coloquio "Marín durante a Segunda República" do investigador Celso Milleiro Sánchez no salón de actos de Biblioteca Pública Municipal "Vidal Pazos" de Marín.
- Domingo 14 de abril ás 13:00 horas, ofrenda floral na Pedra da Liberdade (xardín ao carón do Concello). Intervirá Valentín García Bóveda da Fundación Alexandre Bóveda.
- Domingo 14 de abril ás 14:30 horas, Xantar Republicano, no restaurante Xan Xián (Carballal, 4 - SAN XULIAN - 36915 Marin). O importe do menú é de 20 euros (reservas ata o venres 12. Información no teléfono 628 255 072).
Agardámosvos. Unha aperta agarimosa!!
venres, 5 de abril de 2013
14 de abril día da República en Cangas
Por unha nova República
Día 14 de abril
Concentración na Praza do Concello a las 13:00h.
"Música e palabras"
Manifesto Republicano 2013
Ofrenda floral
Solta de pombas
Organiza: Asociación Memoria Histórica 28 de
agosto. Cangas
mércores, 3 de abril de 2013
Alternativa Galega de Esquerda pide que se instaure o 10 de marzo como festivo baixo o nome de “Día da Clase Obreira Galega”
![]() |
| Monumento en Ferrol |
Alternativagalega.com 2/4/13
Alternativa Galega de Esquerda, a través da deputada, Consuelo
Martínez, presentou na Comisión 1ª celebrada esta tarde no Parlamento
unha iniciativa na que se insta á Xunta de Galicia a instaurar o 10 de
marzo como Festivo Nacional Galego pasando a nomearse oficialmente “Día
da Clase Obreira Galega” en recoñecemento o carácter histórico dos
acontecementos que tiveron lugar en Ferrol ese mesmo día no 1972 O
10 de abril de 1972 ás sete e media da mañá en Ferrol, reuníanse nas
portas da factoría Bazán uns catro mil traballadores. Dende alí
marcharon en manifestación ata o polígono de Caranza. Nese momento, no
cruce da avenida das Pías coa estrada de Castela, a policía armada
impídelles o paso, o que desemboca nun enfrontamento aberto. As cargas
policiais, son respondidas polos traballadores con pedras e paus, ante o
que a policía comeza a disparar contra os traballadores resisten hasta
forzar la retirada de la policía. Atrás queda un traballor morto, Amador
Rey, e outro agonizando, Daniel Niebla, e máis de cen feridos, algún en
estado moi grave. O que reclamaban non era máis que un Convenio Galego
no que se mellorarán as precarias condicións asinadas no convenio
interprovincial en Madrid.
Foi o día 10 o día no que a prensa informa dos feitos con especial
atención ás cargas policiais destacando os disparos e os feridos e tamén
é o día no que a dirección da empresa publica a decisión de peche. A
noticia esténdese e os comercios e colexios pechan asi como
traballadores doutras empresas paran en sinal de solidariedade. O
exército permanece acuartelado e a cidade é tomada pola Garda Civil e a
Policía Armada. As 8 horas do 10 de marzo de 1972, despois de comprobar o
peche patronal de Bazán, unha columna de 4.000 persoas diríxense en
manifestación cara o barrio de Caranza. Hai folga xeral en todas as
empresas e todo Ferrol mobilízase contra a represión. A solidariedade
contra a represión fascista esténdese por todo o Estado, con
manifestacións en Compostela, Madrid, Barcelona e Bilbao, entre outras.
Antes de chegar ao barrio de Caranza prodúcese unha nova carga dos
grises que abren fogo contra os manifestantes rematando cun regueiro de
sangue e coa morte polas balas da policía franquista de Amador Rey e
Daniel Niebla e máis dun centenar de feridos. Aos poucos días da
matanza, chegaron as detencións. Destacados dirixentes obreiros, como
Pillado, Aneiros, Manuel Amor Deus ou José María Riobó, pasaron máis de
catro anos en cárceres da ditadura. Foron os últimos presos obreiros do
franquismo.
Nas loitas do 10 de marzo e nas que tiveron lugar en setembro en Vigo
está a base do movemento obreiro galego. Segundo José Gómez Alén, un
dos escasos investigadores do movemento obreiro galego, dende aquel
fatídico ano 1972, a conciencia democrática que xerminou dentro dos
muros de Bazán acabou trasladándose a toda Galicia. Aquela data pasou á
Historia como Día da Clase Obreira Galega. O Parlamento, en 1997,
recoñeceu institucionalmente a xornada. Sen embargo, nunca se fixo
xustiza, ninguén foi xulgado polos feitos de Ferrol.
Así pois Alternativa Galega de Esquerda defende que os feitos
ocorridos o 10 de marzo de 1972 en Ferrol, deben ser recoñecidos como
feitos históricos que marcaron o rumbo dunha nova Galiza que camiñaba
decidida cara á democracia. A represión fascista exercida sobre os
traballadores de Bazán e o pobo de Ferrol é unha mostra máis da
impunidade coa que actuaba o réxime e a falla de responsables xulgados
por estes asasinatos demostra que a Transición lonxe de facer xustiza,
tivo como obxectivo fundamental ocultar os feitos delitivos do
franquismo, asegurándose que ningún dos asasinos do réxime fora xulgado e
condenado. “A loita sindical de 1972, tanto no mes de marzo en Ferrol,
coma en setembro en Vigo, cambiaron a Historia de Galiza, fortaleceron o
movemento obreiro galego e alimentaron a conciencia democrática do
pobo, iniciando un camiño que xa non tiña marcha atrás” defendeu a
deputada Consuelo Martínez.
Mañón rendeu tributo ao exalcalde Castaño Galdo, fusilado en 1937
![]() |
| Foto de Republicanos do Concello de Mañón |
A.F.C. Mañón / A Voz 27 de marzo de 2013
Nun xesto pouco habitual en política, o alcalde
de Mañón, o popular Alfonso Balseiro Gómez, e o portavoz do grupo
municipal socialista, José Carlos García Vilameá, xuntáronse para
colocar unha placa en memoria do exrexedor mañonés Jesús Castaño Galdo,
fusilado no castelo de San Felipe, en Ferrol, o 16 de abril de 1937, «e
de todos vos veciños de Mañón fusilados e torturados na Guerra Civil,
así como todas as persoas anónimas que foron fusiladas neste lugar». Así
reza a placa situada xunto á ponte do Barqueiro onde, durante anos,
congregábanse os socialistas da Mariña para evocar aos seus compañeiros
axustizados durante e despois da contenda.
A iniciativa de render homenaxe a Castiñeiro
Galdo partiu do portavoz do PSOE, que anunciou nun pleno o seu propósito
de presentar unha moción neste sentido. O mandatario local propúxolle
sacar adiante un texto conxunto, aprobado a finais de 2012. A colocación
da placa foi o primeiro paso e ao longo do mes de abril está previsto
celebrar un acto de carácter oficial en memoria dos represaliados polo
franquismo.
Doutra banda, Vilameá reprochou no pleno a
ausencia de representantes do goberno local na presentación do último
libro do escritor do Barqueiro Hixinio Pontes, Winnipeg, hai dúas semanas no consistorio. Aborda a represión que padeceu unha familia de Cariño.
Memoria histórica renovada
![]() |
| Foto CRMH |
A Coruña / La Voz 02 de abril de 2013 Rodri García
Renovación
na memoria histórica. Responsables de comunicación dá Comisión Pola
Recuperación dá Memoria Histórica da Coruña presentaron onte a nova web
da entidade (www.memoriadacoruña.com).
Rubén Afonso explicou que esta páxina funciona desde o 15 de marzo de
2008, recibiu desde entón 650.000 entradas e nos tres primeiros meses
deste ano «duplicamos as entradas, xa que viñan sendo de 356 diarias e
pasamos a 782». Afonso destacou que ditas visitas tiñan unha duración
media de case 15 minutos, «e iso quere dicir que a xente párase a ler».
Outro das responsables da CRMH, Maite Martínez,
debullou os contidos da nova web, entre os que destacou, do mesmo xeito
que fixese Afonso, as «máis de 40 gravacións altruístas feitas a
familiares de represaliados», como un xeito de preservar a memoria.
Outro dos contidos que destacou é o pertencente «á listaxe de
represaliados que ten xa máis de 600 persoas» da Coruña e comarca.
Mozos investigadores
A nova web inclúe un espazo destacado para dar
conta das principais accións que está a levar a cabo a Comisión pola
Recuperación dá Memoria Histórica ou que xa realizou; unha desas
iniciativas é o documental A pegada dos avós, que está a levar a cabo
EAF Produccións. Este é un traballo no que un grupo de alumnos do
instituto de Adormideras «investigan a represión no franquismo dende a
historia particular de dúas familias represaliadas», explica Xosé Abad,
director desta longametraxe.
Ademais de matizar que desde o inicio do
proxecto, hai case un ano, os sete protagonistas «xa están na
universidade» explica Abad que «na súa investigación os rapaces
protagonistas do filme lograron o difícil reto de entrevistarse co xuíz
Baltasar Garzón e co escritor Manuel Rivas, ambos expertos na represión
franquista».
O xuíz, desde Bogotá
Os sete protagonistas deste documental son Carlos
Galego, Julia Lago, Luis Lloréns, Clara López, Santiago Martín, Carla
Souto e Aitana Rodríguez. Son os mozos que entrevistaron ás familias de
Mariquiña Villaverde e Gabriel Toimil, descendentes dos represaliados
José Villaverde e Amada García. A entrevista co xuíz fixérona «superando
a distancia Bogotá-Coruña por medio dunha videoconferencia».
No caso do escritor Manuel Rivas, o seu testemuño
foi recollido nun lugar emblemático para a memoria histórica como son
as inmediacións do vello cárcere, agora en desuso.
Pendentes dun técnico
Este documental terá unhaha duración dunha hora e
quince minutos e foi realizado con . «aportacións económicas da xente,
por medio do micromecenazgo»De todos os xeitos, Xosé Abad indica que
ditas achegas foron insuficientes e «estamos medio parados». E é que o
documental está na fase de posproducción «e precisamos dun técnico, pero
non podemos pagalo». De todos os xeitos, no caso de que non poidan
chegar a contar con esta persoa, «teremos que facer nós a
posproducción». Un tráiler deste documental pódese ver na nova web da
memoria histórica.
domingo, 31 de marzo de 2013
Manifestación pola República o 14 de abril en Vigo
Asemblea Republicana de Vigo 28/3/13
A ilegalidad do golpe de estado contra a II República, a impunidade
do franquismo para coas súas vítimas, a corrupción xeralizada que invade
de xeito escandaloso á Coroa, o desprezo pola participación cidadá, o
esgotamento da estructura territorial do estado e a existencia dunha
constitución que nega o dereito a decidir ás nacionalidades
historicas, as políticas neoliberais de expolio ós servizos públicos, a
perda da soberanía usurpada polos mercados, as guerras imperialistas….
son elementos inherentes a unhas políticas ancoradas nun modelo de
convivencia con graves carencias democráticas, inxusto e insolidario.
que fai imposible que o amplo conflito social existente produto destas
políticas poida ter vías reais de solución en beneficio da maioría se
non é cunha ruptura e un cambio por outro modelo máis democrático que
non pode ser outro senón en clave republicana .
Por iso a Asemblea Republicana de Vigo quere CONVIDAR A TODAS AS
ORGANIZACIÓNS POLÍTICAS E SINDICAIS, VECIÑAIS E DE MOVEMENTOS CIDADAS A
PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN QUE POLA REPUBLICA TERÁ LUGAR O VINDEIRO
DOMINGO 14 DE ABRIL E QUE SAIRA ÁS 12.30 DESDE A FAROLA DA RÚA URZAÍZ
PARA REMATAR NA RÚA II REPÚBLICA
A Asemblea Republicana entende que é preciso republicanizar as
rúas e os conflitos sociais para así provocar a creba do sistema creado
co pacto da Transición e abrir un novo proceso de ruptura democratica
que teña na caída da monarquía un dos seus alicerces basilares.
Saúde, República e Terra
sábado, 23 de marzo de 2013
Os curas do cinto vermello de Ferrol, contra Franco
Praza Pública - Marcos Pérez Pena 21/3/13
Manuel Ladra López, Elías Seoane, Gabriel Vázquez Seijas, Xosé
Chao Rego, Vicente Couce Ferreira, Cuco Ruíz de Cortázar, Antón Martínez
Aneiros, Anxo Ferreiro Currás..., son algúns deles. Cregos
comprometidos socialmente e novos que nos anos sesenta, no contexto da
doutrina social do Concilio Vaticano II, dos últimos anos da ditadura, e
nunha comarca de Ferrol cunha grande actividade do movemento obreiro,
levaron a cabo outra maneira de entender o cristianismo. Con
moitos enfrontamentos coas autoridades civís, eclesiásticas e militares,
que levaron á detención de moitos deles e a un maioritario abandono do
sacerdocio ao final.
Este xoves a partir das oito da tarde a Galería Sargadelos de Lugo acolle a presentación do libro de Rosa Cal Los curas contra Franco (Edicións
Embora). Unha narración única, facendo especial fincapé no devandito
contexto social e político, "era difícil contar a historia de cada un
porque actuaban en grupo", di Rosa Cal, que obtivo parte da documentación directamente dos expdientes policias elaborados sobre os cregos
pois conseguiu que lle asinasen unha autorización para que a
investigadora puidese acceder a toda a información que a policía
recollera sobre eles.
Cal comeza salientando que o contexto do Concilio Vaticano II e a doutrina social da igrexa foi fundamental, "eles creron niso", conta.
Tamén a presenza á fronte do bispado de Mondoñedo-Ferrol naqueles anos
dous bispos coma Argaya Goicoechea e Miguel Anxo Arauxo Igrexas e do
cóengo capitular Gabriel Pita da Veiga, que en boa medida lles “deixaron
facer” ou mesmo se puxeron do seu lado: "O bispo Argaya
Goicoechea foi moi importante. Quixo achegarse ao movemento obreiro e
conseguiu que Roma aprobase a diócese Mondoñedo-Ferrol, para ter máis
presenza en Ferrol. Mandou construír a Domus Eclesiae, que acolleu bastantes xuntanzas obreiras e de asociacións porque era un lugar no que non entraba a policía".
Rosa Cal explica que todos eles "son moi plurais na súa orixe: Cortázar
era de familia burguesa e Seijas viña dunha familia de militares, e
outros eran fillos de labregos ou traballadores. Pero o que os
unía era que estaban no cinto vermello de Ferrol, que comezaba no
peirao, subía por Canido, Santa Mariña, San Pablo, Sindicais até San
Xoán. E alí vivía a xente que traballaba na Fenya, na Madereira ou en
Bazán". Eran barrios que viñan de ser creados, en moitos casos,
para acoller familias de obreiros chegados doutras partes de Galicia e
que non contaban cos máis minimos servizos: "Cando Aneiros chegou á
parroquia de San Pablo atopou moita pobreza e tamén analfabetismo e
falta de servizos. Non había escolas nin chegaban os autobuses".
A súa práctica era heterodoxa en moitos sentidos. "Aneiros
chegou a Cáritas e fixo unha revolución alí -di- En Cáritas estaban ao
mando militares, farmacéuticos e mulleres da alta sociedade de Ferrol. E
Aneiros puxo á fronte a obreiros. Mesmo conseguiu que Cáritas
admitise a folga como unha forma de loita contra a pobreza". Rosa cal
conta tamén un episodio que tivo lugar en Lugo nun acto non que se ían
xuntar as máis altas xerarquías: "eles sentaron nunhas escaleiras cunha
garrafa de viño, pan e touciño, que era o que comía o pobo. Pois a
moitos pareceulles un escándalo e saíu en todos os periódicos".
A súa relación cos sindicatos e forzas de esquerda e o seu
activismo social leváronos a ter problemas coas autoridades. Recibiron
moitas multas por homilías críticas coa ditadura e Vicente Couce
Ferreira e Anxo Ferreiro Currás foron levados ao TOP. Tamén
Martínez Aneiros acabou no cárcere da Coruña e despois no mosteiro
de Sobrado, onde era custodiado. Pero non só recibían ataques do réxime
oficial, tamén dos grupos ultra que defendían o nacionalcatolicismo: "A
Currás ameazárono de morte os Guerrilleiros do Cristo Rey e mesmo lle
entraron na sacristía", conta Rosa Cal.
Finalmente a xerarquía católica do Vaticano freou o impulso do
Concilio Vaticano II e tentou apartar os curas da acción social, "e aí
moitos deles desilusionáronse". Tamén influíu, conta Rosa Cal,
"que ao chegar a democracia e a legalización dos sindicatos o seu labor
faise menos necesario e os propios sindicatos non necesitan os espazos
que estes curas lles cedían para reunírense". Ao cabo moitos deles
secularizáronse e casaron. Quedaron apenas Gabriel Vázquez Seijas ou
Cuco Ruíz de Cortázar, que continuaron sendo curas. Rosa Cal conclúe que "eran moi atrevidos e tiñan o convencemento que ían cambiar as cousas". Quedan na historia doutro tempo.
xoves, 21 de marzo de 2013
Desde Galicia, a por a República
Traducción Estación Atlántica
A Iniciativa Galega pola Memoria, apoiada por figuras da cultura, da
política ou dos movementos sociais, lanza un manifesto que chama "á
movilización cívica" para loitar por unha consulta popular que permita
"deixar atrás unha monarquía caduca".
eldiario.es - Miguel Pardo 21/3/13
"Adhesión á República. Primeira planta". Así rezaba o cartel que
indicaba o lugar do hotel coruñés onde se celebrou este xoves a roda de
prensa para presentar o Manifesto do Día da República. "Así debería
poñer en moitos máis sitios, quitándolle dramatismo ao que é normal, ao
contrario do que supón a sucesión no poder dun home por outro home tan
só por ser o seu fillo", explicou o escritor e xornalista Xosé Manuel
Pereiro, un dos portavoces nun acto no que diferentes figuras do mundo
da cultura, da política ou dos movementos sociais e sindicais mostraron a
súa adhesión a un documento lanzado pola Iniciativa Galega pola Memoria
(IGM).
Apostando pola "naturalidade" que debe supoñer reclamar un sistema "no que todos sexamos iguais e podamos escoller a quen gestiona" a vida pública, os presentes animan a asinar un manifesto que pretende servir de ánimo para que a sociedade sexa a vanguardia na pelexa pola instauración da República no Estado español. "A solución ante esta grave situación non é a abdicación do rei no Príncipe de Asturias, senón deixar atrás unha monarquía caduca e avanzar na conquista da República", di o texto titulado Fronte a unha monarquía caduca, construamos un futuro republicano.
"Queremos unha República laica, que acabe cos privilexios da igrexa católica, igualitaria, xusta e radicalmente democrática, que legisle para a inmensa maioría da sociedade, poña freo á corrupción e ao enriquecimiento sen límites duns poucos; que acabe cos recortes sociais que empobrecen ás clases populares; que respecte o dereito democrático a decidir o seu futuro da nación galega", di o manifesto, para o que piden apoio a través dunha recolleita de firmas que "non ten límite temporal". "Ata que se vaia, en todo caso", escoitouse.
"A chegada da República dependerá da vontade da cidadanía", destacou Fernando Souto, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, entidade integrada na IGM, nun acto ao que tamén asistiron, entre outros, Suso Mosquera, Suso Díaz, Xurxo Souto, Francisco Pillada Mayor, Tino Fraga ou Manuel Rivas.
Foi precisamente o escritor Rivas quen destacou o feito de que "a maioría social apoie mayoritariamente a partidos que defenden o sistema republicano" nas súas bases, á vez que hai un camuflaje ou sustracción" dun debate sobre a República que non consegue chegar á política de partidos ou institucional. "Hai unha sustracción da cuestión nos movementos políticos porque hai medo", asegurou. "O debate está fóra dos partidos", díxose tamén na conversación que se abriu entre os asistentes a un acto que pretende servir de ánimo para a "apertura dun proceso constituyente, que debe iniciarse cun pronunciamiento popular en referendo sobre a forma de Estado".
"Chamamos á movilización cívica para que se realice esa consulta. Como demócratas, pensamos que a República será unha realidade cando sexa reclamada pola maioría da sociedade", reivindica o manifesto ante o que queren que sexa "un novo 14 de abril que abra unha segunda transición, que liquide definitivamente os residuos do franquismo, incrustados nas institucións, e permita a libre expresión de todos os que consideren que se poden cambiar as estruturas do Estado para facelas máis transparentes, participativas e ao servizo dos cidadáns".

mércores, 20 de marzo de 2013
CC.OO. rememora a histórica folga de 1972
Waldino Varela, Amelia Pérez e Carlos Barros nun momento do acto
Xoán C. Gil
O paro marcou un fito no movemento obreiro de Galicia
La Voz de Galicia - Vigo - S. Antón - 16 de marzo de 2013
Con medio ano de atraso, Comisións Obreiras
conmemorou onte a folga xeral do 72. Aquel mes de setembro supuxo un
fito no movemento obreiro de Galicia. Amelia Pérez, secretaria comarcal
do sindicato explicou que o acto, que contou coa presenza dalgún dos
protagonistas principais daquel paro, máis que unha mirada ao uso a
través do retrovisor, o que buscaba era ligar aqueles acontecementos á
actualidade. Entende que, salvando diferenzas non menores -«naquel
momento viviamos en plena ditadura e agora facémolo en democracia»-, hai
moitas similitudes, especialmente na perda de dereitos e o retroceso en
cuestións laborais.
Ante un auditorio abarrotado Waldino Varela,
sindicalista histórico de Vulcano, e Carlos Barros, profesor
universitario e membro do PCE -ambos moi activos na organización da
folga do 72-, recordaron aquel escenario comparándoo co actual. Entón
foron determinantes as reivindicacións do persoal de Citroën, ás que se
sumou o resto da industria da cidade aglutinados ao redor das
recentemente nadas Comisións Obreiras. Agora, coincidiron os asistentes,
as redes sociais están xerando un caldo de cultivo parecido con
movementos como o 15-M. E outro analogismo: aquel 1972 o persoal de
Barreiras foi obrigada a tomar vacacións na primavera por falta de
traballo. Os clientes non estaban conformes coa calidade da chapa.
xoves, 14 de marzo de 2013
74º aniversario do fusilamiento de Manuel Barreiro Rey
![]() |
| Manuel Barreiro |
Tal día como hoxe 14 de marzo de 1939 foi fusilado na Punta do Martelo do Arsenal Militar
de Ferrol, xunto a dous compañeiros máis un de Ares e o outro Sevillano. Os
tres asasinados pola loita na defensa dos buques os días 19 ao 21 de
xullo de 1936, ata o seu fusilamiento estiveron na prisión da Escollera
do Arsenal
Manuel Barreiro Rey, 25 a. Ferrol
Manuel A. López Iglesia, 27 a. Ares
Antonio Alcántara Mejia, 24 a. Sevilla
por todos eles...
Manifesto Día da República 2013 da Iniciativa Galega pola Memoria
Porque é
hora xa de acabar cunha forma de gobernar obsoleta, inxusta,
anti-económica e con moitas carencias democráticas que é a monarquía. A
República xurde como a alternativa máis racional como forma de
organización do estado..
Manifesto Día da República 2013
FRONTE A UNHA MONARQUÍA CADUCA, CONSTRUAMOS UN FUTURO REPUBLICANO.
FRONTE A UNHA MONARQUÍA CADUCA, CONSTRUAMOS UN FUTURO REPUBLICANO.
Celebramos
este ano o Día da República cando a monarquía está máis desprestixiada
que nunca e diminúe o seu apoio popular, como indican todas as sondaxes
de opinión. A solución ante esta grave situación non é abdicación do rei
no Príncipe de Asturias, senón deixar atrás unha monarquía caduca e
avanzar na conquista da República.
Temos unha monarquía debedora de moitas pexas herdadas da ditadura franquista. Un xefe do Estado, o rei Juan Carlos, imposto polo ditador Franco en 1969 (como persoa “llamada en su día a sucederme a título de Rey”), que foi proclamado rei polas Cortes franquistas en 1975.
Cada vez é máis evidente que a chamada Transición non foi idílica, nin foi pacífica, nin estivo exenta de chantaxes e coaccións. As novas xeracións semellan non estar dispostas a apandar coas estreitas marxes de manobra que se pactaron no seu día a cambio de que os poderes fácticos permitiran certas liberdades á poboación. Sacrificouse a memoria das vítimas da represión fascista e decretouse o seu silenciamento, prohibindo a súa investigación, negándose á reparación e, sobre todo, a anulación das sentenzas que os condenaron en moitos casos á morte polo delito de ter unha ideoloxía diferente á fascista. Ao mesmo temo, amnistiouse aos verdugos.
O rei Juan Carlos desaparecía clandestinamente, en plena crise económica, abandonando as súas responsabilidades institucionais, para cazar elefantes en Botsuana. Sucedía todo isto nunha semana especialmente dura para a cidadanía co anuncio polo goberno do PP de novos recortes sociais en educación e sanidade.
A propaganda oficial fala, interesadamente, da neutralidade e independencia da monarquía, que nunca existiu. O rei Juan Carlos participou recentemente nun consello de ministros para apoiar as políticas económicas neoliberais e os recortes sociais do goberno de Mariano Rajoy. O rei tomaba claramente partido e enviaba unha carta ao Sha de Persia (“Mi querido hermano”) desde o Palacio de La Zarzuela o 22 de xuño de 1977, cinco días despois das primeiras eleccións xerais despois da morte de Franco, pedindo 10 millóns de dólares para UCD. Despois do intento do golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981, o rei recibiu aos líderes dos partidos políticos con representación parlamentaria e fixo unhas declaracións de claro apoio aos golpistas: “Sería poco aconsejable una abierta y dura reacción de las fuerzas políticas contra los que cometieron los actos de subversión en las últimas horas”. É público que o rei realizou xestións para o enriquecemento ilegal do seu xenro Iñaki Urdangarín.
En tempos de crise asistimos a un auténtico despilfarro e mal exemplo para a cidadanía. O rei dedícase á caza, asiste en Abu Dabi a unha carreira de coches de Fórmula 1, todo pagado con cartos públicos. Traballan para o rei 507 persoas e o parque móbil ao servizo da Casa do Rei é de 72 vehículos oficiais e 45 condutores. O presuposto para a Familia e Casa do Rei é de case 9 millóns de euros que, segundo a Constitución, o rei “distribúe libremente”. A esta cantidade habería que sumar outros 5,9 millóns de euros que figuran na sección do Ministerio de Administracións Públicas baixo o epígrafe “Apoio á xestión administrativa da xefatura do Estado”.
É un escándalo o presuposto para garantir a seguridade da Casa Real. En 2011 a Garda Civil gastou 42,5 millóns de euros e 46 millóns a Policía Nacional. O ministerio de Defensa pagou 56 millóns de euros en seguridade, eventos onde participa o rei, desfiles e visitas; ten que facer fronte ao mantemento do Rexemento da Guarda Real cun custo anual de 80 millóns de euros; 45 millóns de euros para o Cuarto Militar e 110,8 millóns de euros para o 45 grupo de Forzas Aéreas ao servizo do monarca.
Todo o relacionado coa monarquía está rodeado dun total escurantismo. O rei queda ao marxe das políticas de transparencia e a Mesa do Congreso rexeitaba 36 preguntas sobre a Casa do Rei. Non se coñecen, oficialmente, outros ingresos do Rei e tampouco o patrimonio da Familia Real, aínda que a revista Forbes fala de 1.790 millóns de euros.
Queremos unha República laica, que acabe cos privilexios da igrexa católica, igualitaria, xusta e radicalmente democrática, que lexisle para a inmensa maioría da sociedade, poña freo á corrupción e ao enriquecemento sen límites duns poucos; que acabe cos recortes sociais que empobrecen ás clases populares; que respecte o dereito democrático a decidir o seu futuro da nación galega.
Unha República que recupere a memoria histórica, acabe coa impunidade e condene a aqueles que durante a Ditadura cometeron crimes contra a humanidade, que non prescriben. Queremos xustiza e reparación para as vítimas do franquismo. A derrogación da Lei de Amnistía de 1977, tal e como recomendaron Amnistía Internacional e a Comisión de Dereitos Humanos da ONU, porque incumpre o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos das Nacións Unidas de 1966, asinado polo Estado Español en 1976. Cómpre unha condena explícita da ditadura de Franco e a desvinculación total do sistema político que nos deamos do réxime totalitario anterior que sufrimos.
Ante unha monarquía caduca, avogamos por un novo 14 de abril que abra unha segunda transición, que liquide definitivamente os residuos do franquismo, incrustados nas institucións, e permita a libre expresión de todos os que consideren que se pode mudar as estruturas do Estado para facelas máis transparentes, participativas e ao servizo dos cidadáns. Estamos pola apertura dun proceso constituínte, que debe iniciarse cun pronunciamento popular en referendo sobre a forma de Estado. Chamamos á mobilización cívica para que se realice esa consulta. Como demócratas, pensamos que a República será unha realidade cando sexa reclamada pola maioría da sociedade.
Viva a República!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)