![]() |
O barco de pasaxe Alegria |
Como resultado do
clamoroso triunfo do republicanismo nas cidades nestas eleccións municipais,
derreou a monarquía, o Rei fuxiu de España e o 14 de abril proclamouse a II República entre a máis fermosa e masiva ledicia.
Era tal e tan mestra a presión das masas nas rúas que en Madrid non podía nin
tan sequera mobilizarse a garda civil, nin a tropa estaba disposta a acatar
ordes de actuar para soster o descomposto réxime monárquico. En Cangas, o
martes 14.IV.1931, día da proclamación da II República Española ( EPG,
21.IV.1931, p. 11, “Cangas”) pola tarde, no último vapor ( o Alegría)
“ Viña de Vigo don Francisco Eiroa e don
Lorenzo Corbacho coa bandeira tricolor enarborada no mastro do barco, e as
pitadas da sirena congregouse no
molle unha inmensa multitude entre a que se atopaba a Xunta do Centro
Republicano: os seus membros, en unión dos citados señores, puxéronse á fronte
dunha manifestación que percorreron as rúas e cantando a Marsellesa e a
Internacional.Ó chegaren á casa do Concello, o señor Eiroa Graña, en unión dos
concelleiros de esquerda e Centro Republicano, pediu ó ultimo alcalde da monarquía, señor Gandara, que lle fora
entregados os poderes en nome da nacente República, ó que accedeu este último e
acto seguido o señor Eiroa constituíu, baixo a súa presidencia, un comité que
actuou no mesmo instante, acordando declarar o mércores festa local. O mércores
ás doce do día organizouse outra manifestación que, partindo da Casa do Pobo e
con a bandeira da Alianza Mariñeira levada polo seu presidente don Manuel Nores
recorreu as rúas ata chegar á Casa do Concello, poñendo onda bandeira
republicana a da Alianza Mariñeira e
dirixindo a palabra ó público o señor Nores, As catro da tarde chegou o
delegado do señor gobernador civil da República e procedeuse á formación dun
Concello intregado polos conselleiros de esquerda”.
O 15 de abril, o alcalde insta ós mestres de
Cangas “ para festexar-la proclamación da
República en España. Rogo a V. suspenda no día de hoxe as clases, facendo
entrega inmediatamente nesta alcaldía dous retratos dos reis e a bandeira que
ten ese centro escolar”, e o mesmo día pídellos tamén ás autoridades
municipais.
Entre os primeiros pasos do goberno
municipal está a solicitude de revisión do cumprimento da legalidade polo
goberno municipal da ditadura ( EPG, 26.IV.1931, “Cangas”). Na sesión do
domingo 26 (EPG, 28.IV.1931, p.11, “Cangas”) tomáronse acordos de tipo
simbólicos como cambiar os nomes de certas rúas: en frase de Eiroa: “ Ante o clamor popular caen partidas a
marteladas marmóreas placas coas que na Ditadura os de abaixo se adicaban a
incesar ós arriba”, por iniciativa de Lorenzo Corbacho ponse o retrato de
Pablo Iglesias no salón de sesións e máis a participación do Concello no primeiro
de maio. Tamén se interesan na anovación do control das rutinas: a Audiencia
Territorial nomea xuíces e fiscais municipais, e no centro republicano
celébrase unha ampla reunión “ que protesta contra a elección dalgúns dos
mencionados señores” ( o xuíz municipal, Agustín Jorge, é republicano, pero non
así algúns outros ) . As reestruturacións nos poderes locais provocan tamén razoamentos
Historia de Cangas
1900-1936
Iago Santos
Castroviejo- Antonio Nores Soliño
![]() |
Francisco Eiroa Graña |
Nenhum comentário:
Postar um comentário