O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

terça-feira, 7 de junho de 2011

Xuntanza de ex presos políticos. Actos públicos


A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Xuntanza de ex presos políticos que estiveron na cárcere da Coruña

Desde hai varios meses a plataforma cidadá “Proxecto Cárcere” está a traballar para convertir o vello cárcere provincial da Coruña nun centro socio-cultural e da memoria histórica.

Dentro das actividades para os próximos meses, ten programada a partir do 8 de xuño unha exposición de artistas, que leva por título “Liberdade”.

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña vai participar nestas xornadas de portas abertas coas seguintes actividades, coincidindo coa celebración da citada exposición.

Sábado, 11 de xuño de 2011
11,30 horas . Concentración diante da porta principal do vello cárcere provincial, coa presenza de persoas que, por motivos políticos, pasaron por esta prisión . Lectura do manifesto e colocación dunha placa na entrada –cun carácter provisional, até que se poña unha definitiva- lembrando a prisión como lugar da represión franquista, e como homenaxe a todas as persoas que loitaron pola liberdade e a democracia .


12 horas . Ofrenda floral no monumento-memorial ás vítimas do franquismo na avenida de Navarra .

14,30 horas: Xantar de irmandade (no Club do Mar, a 12 euros) . Asistirá o presidente desta popular entidade, Manuel Lugrís, que foi fundada en tempos da República . Poderemos visitar as instalación do Club do Mar .

17,30 horas: Charla sobre a represión franquista e as vivencias nos cárceres .

18,30 horas . Documental “O segredo da Frouxeira”, coa participación, entre outros, do seu director Xosé Abad, que tamén estivo no cárcere da Coruña . .

TODOS OS ACTOS SON PÚBLICOS

Por favor, comunicade (antes do 8 de xuño) a vosa asistencia a estes actos, así como a participación no xantar, a:

665998574
981212252

Nenhum comentário:

Postar um comentário