Captura da páxina de Facebook da Casa de Galicia. ARMH
Traducción Estación Atlántica
-A Asociación cualifica o feito de 'lamentable' e de 'falta de respecto'
-Pedirán explicacións se houbo algún representante do Goberno no acto
Europa Press / Santiago de Compostela 16/10/2011
A Casa de Galicia en Nova York empregou unha bandeira de España franquista na conmemoración do Día da Hispanidade -celebrado o 12 de outubro-, segundo denunciou a Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica (ARMH), que considera este feito "lamentable".
Neste sentido, a ARMH dirixiuse ao Consulado español en Nova York para saber se asistiu ao acto algunha representación do Goberno de España, e se é así, solicitará explicacións para saber "por que non se tomaron medidas" para retirar un símbolo que "enaltece unha ditadura que exerceu unha terrible violencia dentro de España e que obrigou ao exilio a decenas de miles de homes e mulleres".
"Trátase dunha falta de respecto ás vítimas da ditadura e un uso incomprensible dunha bandeira que representou a unha ditadura especialmente sanguenta", recriminou esta asociación a través dun comunicado.
De feito, a Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica considera especialmente ofensivo este símbolo franquista na cidade de Nova York que acolleu a exiliados como o intelectual e escritor galego Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, ao cartelista catalán Carles Fonserè ou ao rioxano militante de Izquierda Republicana e capitán do Real Madrid, Patricio P.Escobal .
Na información remitida pola Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica achégase unha captura da páxina de Facebook da Casa de Galicia de Nova York na que se aprecia a bandeira preconstitucional á beira da estadounidense.
Nenhum comentário:
Postar um comentário