Antonio Monroy
fragmento dá foto de gmorais
fragmento dá foto de gmorais
Hai no monte do Castro ao redor dunhas sete cruces de pedra. Unha delas é a “Cruz de los caidos” casualmente a máis grande. Está cargada dun significado venenoso para caquera sociedade democrática, xa que este monumento con forma de cruz foi erixido para honrar ós que loitaron a prol da causa franquista, tanto no golpe de 1936 como na División Azul en apoio do exército nazi. A lóxica esixencia da cidadanía de acata-la Lei de Memoria Histórica aprobada polo parlamento español, e derruír a “Cruz de los Caidos”. Non é pois un ataque ós símbolos relixiosos senón un acto de rexeitamento á presenza da simboloxía fascista nos espazos públicos. Asimesmo rexeitamos a peregrina idea de que sexa un monumento en lembranza de todos. Ninguén ten dereito a pedirlle ás vítimas e as súas familias que acetemos como noso ese símbolo fascista. Este é o único país do mundo,no que unha vez rematado un periodo de ditadura non se fai xustiza. O único no que décadas despois da chegada da democrácia, os símbolos da ditadura seguen presentes nos espazos públicos. As veces semella que esta democrácia, é unha continuación do franquismo, especialmente cando podemos ler “Cartas al Director”, nas que se refiren as vítimas como mamarrachos, rencorosos, anticristianos, ou incluso, peticións ó alcalde: “póngalos en su sitio”. No 1936, ese “sitio” eran: unha cuneta, a tapia dun cemiterio ou o fondo da ría. Mal estamos cando temos que explicar estas cousas tan elementais nunha democrácia, mentras que os nostálxicos da ditadura franquísta, son cada vez máis visibles nos medios de comunicación, tratando de disfrazar como democráticos unhas ideas nada respetables.
Que contento debe de estar o xeneral Franco!
Antonio Monroy Álvarez
Nota: esta carta foi publicada en Faro de Vigo
o domingo 9 de outubro do 2011
o domingo 9 de outubro do 2011
Nenhum comentário:
Postar um comentário