O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

segunda-feira, 7 de janeiro de 2013

Centenario do nacemento de Manuel Barreiro Rey

Nacido en Ferrol no Barrio de Esteiro o 21/6/1913  - fusilado o 14/4/1939.

Estimadas/os amigas/os, diríxome a vós para facervos participes de que este ano 2013 é o centenario do nacemento do meu tío fusilado en Ferrol, por este motivo quero dedicar este ano ao seu recordo e através del, tamén ao resto de dotaciones dos buques que perderon a vida na Base Naval de Ferrol, a súa cidade natal.

Unha homenaxe a Manuel Barreiro e a todas as vítimas do fascismo español desde ese Lugar de Memoria que é o Arsenal Militar de Ferrol.

Lugar de Memoria esquecido pola sociedade; xa non descoñecido do resto do Estado Español si non da súa propia cidade.

Manuel, do mesmo xeito que os seus compañeiros de infortunio, neste recinto militar é o gran esquecido pola súa propia cidade, pola súa propia profesión, A Armada. "aínda?"expulsados da Mariña e "aínda" condenados a morte sen xulgar os crimes con eles cometidos.

Porque Ferrol, unha cidade con historia revolucionaria e antifranquista quedou como falso reducto do fascista dictador, o seu delito foi dar berce ao genocida. Pero tamén deu berce a homes e mulleres fieis aos dereitos democráticos da sociedade, antifascistas, obreiros loitadores que deron a súa vida e o seu sufrimento para ser esquecidos e ignorados na actualidade.

Polo sufrimento dos homes que aquí estiveron encarcelados, uns paseados cada madrugada e outros moitos como Manuel que non habendo sido paseado foi condenado a pena de morte e fusilado.

Non os volvamos a abandonar ao esquecemento, loitemos por que os feitos que aquí sucederon sexan coñecidos e integrados nos estudos das novas xeracións.

Por todas as vítimas esquecidas da Mariña galega, por este Arsenal Militar, a súa historia e o seu futuro como Lugar de Memoria sinalado, tan importante na historia do país, tan descoñecido.

Adquiramos este compromiso de loita pola Verdade, Xustiza e Reparación

Manuel querémosche e non che esquecemos

Mª José Barreiro López de Gamarra
Pilar Barreiro López de Gamarra
José Manuel Barreiro García
22/12/12

Estes buques foron: o acoirazado España, o crucero Almirante Cervera, o destructor Velasco e varios torpederos e guardacostas.

Acusacións que sufriu Manuel:
-Promotor da rebelión a bordo do Crucero Almirante Cervera, acusación que sufriu en solitario. (Acusación máis grave)
-Ocupar unha terraza próxima á Porta do Dique (Base Naval de Ferrol).
-Abrir esta porta para que entrasen os paisanos
-Facer fogo contra a Academia de Maquinistas
-Saír do Arsenal Militar e dirixirse ao concello para axudar ao alcalde "Xefe Supremo Marxista"(palabras textuales do sumario)

Agravantes:
-Ser instrutor de analfabetos na Escola de Tiro Naval Janer de Marín antes do Golpe de Estado
-"Favorecedor de Cabos expulsados"(palabras textuales do sumario refiriendose aos Cabos expulsados polos sucesos de 1934, readmitidos posteriormente).

Con motivo dos actos que se levasen a cabo tanto en Ferrol como en Barcelona ao longo do ano invítovos a adherirvos a esta Homenaxe no seu recordo.


Adhesions:
-Ana Messuti-Membro do equipo de abogados da causa argentina contra os crímenes do franquismo
-Telmo Comesaña Pampillón - Presidente da Asociación viguesa pola Memoria Histórica do 36 (Vigo)
-José María Coronas Salcedo -Madrid
-Daniel Serrano - París
-Rose Marie Serrano -París
-Salvador López Arnal -Barcelona
-Agustín García Clavé- Barcelona
-Ger McCloskey - Ireland
-Pere Fortuny i Velázquez- Barcelona
-Inmaculada Carbajosa López -LQSomos
-Antonio García Carmona- LQSomos
-Mar García Orozco -LQSomos
-Eduardo García de la Fuente-LQSomos
-Alejandro Pacheco Yepes -LQSomos
-Iñaki Alonso Ruíz -LQSomos
-Pedro Peinado Gil -La Gavilla Verde (Cuenca)
-Ángel Ruiz de Velasco Bellas -Ferrol
-Joan Busquets i Verges - ex maqui libertario (Francia)
-Victoria Fernández -Valencia
-Mirta Núñez Díaz-Balart -Historiadora - Madrid
-Cristina Escrivá Moscardó -Historiadora -Valencia
-Natalia San Vicente Pellicer - A Coruña
-Lourenzo Fernández Prieto - USC -Santiago de Compostela
-Vicente Muñiz Campos -Valencia
-Xosé Manuel Suarez - Historiador - Ferrol
-Carmelo Ciria Pino - Puerto de Santa María
-Miguel Campillo Ortíz - Sevilla
-Montserrat Armengou Martin - Periodísta - Barcelona
-Antonio Ortíz Mateos - Historiador - Madrid
-Manuel Alvarez López - Rubí
-Carmen Contero López - Rubí
-Francisca Cruz Punteros - Rubí
-Juan Diego Martínez Martínez - Rubí
-Paz Martin - Madrid
-Floren Dimas - Delegado de AGE para la Región de Murcia
-Rosa María Puig-Serra - Memória Histórica de la UGT de Catalunya
-Julian Rebollo Cuellar - Plataforma contra la Impunidad del franquismo - Madrid
-Francisco Sánchez Montoya - Ceuta
-Paloma Serrano Viedma
-Manuel Serrano Maroto
-Ray Puig - Barcelona
-Fernando Heredia Sánchez- Málaga
-Enriqueta Otero Fardo - Presidenta da Asociación para a recuperación da Memoria Histórica de Marín
-Antonio Nores Soliño - Presidente da Asociación Memoria Histórica 28 de agosto (Cangas)
-Gonzalo Amoedo López - Pontevedra
-Dolores Cabra -Secretaria Xeral de AGE
-Juan José Martínez - Coordinador de COAMHI (Coordinadora de Asociaciones de la Memoria Histórica de Alicante) - (Elche)
-Francisco Pimentel - Presidente de la Asociación Memoria Histórica de Ronda - Nieto de Frasquito Pimentel dirigente socialista fusilado el mismo día 14.03.1937. (Ronda)
-Soledad Luque Delgado- Presidenta de la Asociación "Todos los niños robados son también mis niños"- Madrid
-Mª Torres
-Antonio Monroy Álvarez - Junta Directiva Asociación viguesa pola Memoria Histórica do 36- Vigo
-Ramón Pérez Dominguez - Junta Directiva Asociación viguesa pola Memoria Histórica do 36- Vigo

Entidades:
-Asociación Ferrolterra Nosa Memoria
-Asociación viguesa pola Memoria Historica do 36
-Asociación Memoria Histórica de Cartagena
-Unidad Cívica por la República
-Coordinadora para la Memoria Histórica y Democrática de Madrid
-Les Amis des Républicains Espagnols en région parisienne
-Unión por la Tercera República
-Libmt trust Ireland
-La Gavilla Verde
-Colectivo de redacción LQSomos
-Associació Pro-memòria als Immolats per la Llibertat a Catalunya
-Asociación Cultural Instituto Obrero
-Arxiu de la Memòria Popular de La Roca del Vallès
-La Masia de la Guineueta - (Nou Barris) Barcelona
-Asociación para a recuperación da Memoria Histórica de Marín
-Platafoma contra la impunidad del franquismo - Madrid
-Asociación Memoria Histórica 28 de agosto (Cangas)
-Archivo, Guerra y Exilio (AGE)
-COAMHI (Coordinadora de Asociaciones de la Memoria Histórica de Alicante) -Asociación Memoria Histórica de Ronda
-Asociación "Todos los niños robados son también mis niños"
-El Sueño Igualitario - Mas de las Matas (Teruel)
-MUME - Museu Memorial de l'Exili
-Memoria y Libertad. Familiares y amigos de víctimas del franquismo en Madrid
-Xarxa de Barcelona - (Front Civic de Catalunya)
-Fundació Andreu Nin


Nenhum comentário:

Postar um comentário