Tripulación del barco Mar Cantábrico
Foto: libro Xosé Manuel Suárez
Actualizado 15 Enero 2013Un familiar dun vizcaíno fusilado en Ferrol en 1936 declarou a semana pasada por videoconferencia ante unha xuíza arxentina que instrúe a querella contra os crimes fascistas da Guerra Civil e o franquismo. Trátase dun parente de Teófilo Zorroza, que formaba parte da tripulación do vapor "Udondo", matriculado en Bilbao, e que transportaba carbón de Xixón a Barcelona. Da noticia fíxose eco o pasado domingo o diario Deia, que relata como o 12 de setembro de 1936 o "Udondo" foi apresado a dez millas do norte de Xixón.
En principio a tripulación -formada por 40 persoas- e dous pasaxeiros que eran afiliados á CNT foron trasladados a Ribadeo e posteriormente a Ferrol, onde se ordenaron os fusilamientos sen acusación documentada, xuízo nin sentenza previa, segundo consta nun documento da época. Ao parecer, o bando fascista apropiouse do diñeiro e xoias que portaban os marineros: 9.421 pesetas, 20 libras esterlinas, un aro e un anel de ouro, un monedero de prata e dúas cadeas de ouro con medallas de ouro e prata respectivamente. Os fusilados foron eterrados nunha fosa común.
A epopeya do "Udondo" recóllese tamén no libro de Xosé Manuel Suárez "Armas para a República".
Tamén en Ferrol foron fusilados os tripulantes do "Mar Cantábrico", pertencente a unha armadora vizcaína e que viaxou a Estados Unidos en busca de armamento para reforzar aos leais á República. Foi capturado o 10 de marzo de 1937 nas proximidades de Santander e a metade das súas tripulantes, vinte e seis, foron fusilados na Punta do Martillo, no Arsenal. Os cadáveres enterráronse en San Mateo, onde se colocou unha placa conmemorativa.
Nenhum comentário:
Postar um comentário