O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 13 de janeiro de 2013

Millán Astray deixa de ser un "coruñés de pro"


Praza pública - Marcos Pérez Pena 11/1/13
O 11 de setembro de 2009 o daquela xefe da oposición municipal e hoxe alcalde da Coruña, Carlos Negreira, fixo unha encendida defensa do militar golpista José Millán-Astray. O Concello, gobernado por PSOE e BNG, viña de retirar unha estatua do fundador da Lexión en cumprimento da Lei da Memoria Histórica, e Negreira denunciaba o trato dispesado a "un coruñés de pro, de toda la vida".

Como alcalde Carlos Negreira non repetiu estas gabanzas ao colaborador de Franco no golpe de Estado de 1936, pero cando a familia de Millán-Astray recorreu a retirada da distinción de fillo predilecto da cidade ditaminada polo anterior goberno e conseguiu a súa restitución, o novo alcalde decidiu non recorrer. Negreira baseaba a súa decisión nun informe da asesoría xurídica municipal e afirmou que non quería "perder ni un minuto en politizar o pasado" salientando que a distinción ao militar golpista fora aprobada en 1922 e que polo tanto non viña ao caso aplicar a Lei de Memoria Histórica. Porén, nesa mesma sentencia a xuiza lembráballe ao Concello que tiña a potestade de retirarlle esta distinción á marxe desta lei concreta.

Pero quen si recorreu foi a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH). E o TSXG, que xa sentenciara que o Goberno de PSOE e BNG actuara correctamente retirando a estatua e mudando o nome da praza que levaba o seu nome, vén de fallar a favor da CMRH e de retirarlle de novo a referida distinción honorifica. E, de paso, a sentenza desestima a reclamación da familia do golpista, que continuaba reclamando a restitución dos demais honores. A sentenza baséase "no espirito e finalidade da lei de Memoria Histórica" e lembra que "os cidadáns teñen dereito a que os símbolos públicos sexan ocasión de encontro e non de enfrontamento, ofensa e agravio". Esta mesma semana o TSXG avalou por terceira vez a retirada das honras, as distincións e a rúa dedicadas a varios falanxistas na cidade da Coruña, comezando por Juan Canalejo, destacado falanxista represor e que ata hai poucos anos tamén lle daba nome ao hospital, agora Chuac.

A CRMH salienta que "hoxe é un día en que a luz entra mellor polas rúas desta cidade. No que a cidadanía da Coruña pode dicir que xa non teremos no noso rueiro o nome dun individuo como Millán Astray. No que as vítimas do franquismo e as súas familias poden camiñar máis cómodos" e conclúe que o TSXG "da a razón á intelixencia, e négalla á morte". Este sábado a CRMH ofrecerá unha rolda de prensa na que detallará as accións que ten previsto emprender se o Concello da Coruña non cumprea a sentenza en todos os seus aspectos.

Nenhum comentário:

Postar um comentário