O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 14 de setembro de 2014

En nome da memoria da miña nai deportada no campo de concentración nazi de Ravensbrück: ¡NON!

Mercedes Núñez durante a súa intervención no xuízo contra a Gestapo
Queixa á mención do recurso do Concello de Vigo ao xulgado de 1ª Instancia como consta na sentenza  comparándo a cruz fascista co campo de extermino nazi de Auschwitz-Birkenau (pagina 16 da sentenza)
 
Traducción Estación Atlántica
En nome da memoria da miña nai encarcelada na prisión de Vendas en Madrid e deportada no campo de concentración nazi de Ravensbrück: ¡NON!
 
Pablo Iglesias Nuñez (fillo de Mercés Núñez Targa, deportada polos nazis)
Señor Caballero, non insulte ás vítimas da represión franquista e aos deportados en campos de concentración nazis. Estes campos de concentración presérvanse como testemuño da barbarie e como lugar de reflexión e tolerancia e non como lugar de concordia entre vítimas e verdugos.

As mulleres e homes de ben non poden sentirse representados con este vil monumento, a Cruz do Castro en homenaxe aos caídos por Deus e por España, atentado aos valores democráticos que Vostede defende en nome do seu Partido nos seus discursos.

Este monumento glorifica aos que se levantaron en armas contra un Goberno lexítimo, o da IIª República e polo tanto, nesta cidade de Vigo, representa a división e non a concordia.

Todo Vigo coñece os motivos que levaron a levantar este monumento e que foi inaugurado por Franco en 1961.

Non podemos matar ás vítimas por segunda vez, facéndoas partícipes desta farsa que consiste en tratar de facer un amalgama entre os motivos que levaron a levantar a cruz do Castro e os ideais polos que morreron estes represaliados en defensa dunha sociedade de xustiza e liberdade.


A permanencia deste monumento non deixa de ser unha provocación e un insulto aos sentimentos e a dor de gran parte da poboación viguesa.

Señor Caballero, sexa consecuente coa súa dignidade e acate a decisión de Xustiza, acorde coa Lei de Memoria Histórica que o seu partido defendeu.
Pablo Iglesias Núñez
(Fillo de Mercedes Núñez Targa)

Petición á comunidade de deportados en campos nazi manifesten a sua repulsa

Nenhum comentário:

Postar um comentário