Pablo de Greiff, con José Ramón Gómez Besteiro (Foto: DPL) |
O presidente da Diputación de Lugo, José Ramón Gómez
Besteiro, transmitiulle este mércores a un relator da ONU a súa preocupación
pola 'falta de aplicación da Lei da Memoria Histórica en España e Galicia por
parte dos gobernos estatal e autonómico'.
Así o trasladou
durante unha entrevista que mantivo no Pazo Provincial co colombiano Pablo de
Greiff, que é o relator especial de Nacións Unidas para a promoción da
verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición.
Besteiro expresou a
súa preocupación, recordando que a Lei de Memoria Histórica de 2007 'puxo as
primeiras bases para a dignificación e reparación das vítimas' e como foi
acollida con 'satisfacción' polo Comité de Dereitos Humanos da ONU.
Na mesma liña,
destacou que 'o Goberno autonómico e estatal incumplieron a lei desde a chegada
do goberno, retirándolle por completo o financiamento e o abandono ás vítimas e
ás súas familias'.
Neste encontro,
Besteiro tamén lle transmitiu a Greiff a súa preocupación pola situación de Galicia
e explicoulle que coa chegada de presidente Alberto Núñez Feijóo en 2009 o
Goberno autonómico retirou calquera iniciativa de recuperación de memoria
histórica.
Tamén lle suscitou
que 'se tipifique como delito no Código Penal a apología do franquismo e
calquera manifestación lesiva contra a dignidade das vítimas, tal e como
aprobou a Diputación de Lugo e como sucede noutros países nos que exhibición de
símbolos fascistas é delito', segundo ha demandado.
Nenhum comentário:
Postar um comentário