Día: 8 de maio
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Asociación Pola Recuperación da Memoria Historica de Marín
Este xoves, 8 de maio, a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín proxectará o documental "Las maestras de la república" a partir das 20h na biblioteca Municipal Vidal Pazos.
As mestras republicanas foron un grupo de mulleres comprometidas e moi valentes que loitaron por conquistar os dereitos das mulleres nunha época con moita axitación social. Ademais, tamén querían lograr a modernización da educación, coa base dunha escola democrática e pública, accesible para todos.
O documental dirixido por Pilar Pérez Solano conta a historia destas mulleres recreando unha delas e utilizando tamén imaxes de arquivo daquela época. Utilizando narracións de testemuñas, investigadores e familiares destas mulleres, o documental amósanos unha realidade que chegou ata os nosos días e que nos deixou un legado moi importante.
"Las maestras de la república" con guión e dirección de Pilar Pérez Solano levou o Goya ao mellor documental na edición do 2014 destes premios.

Nenhum comentário:
Postar um comentário