CONCENTRACIÓN NA CRUZ DO CASTRO MERCORES 15 ÁS 20 H
A Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, apoiamos e participamos na iniciativa dos colectivos políticos, sindicaís e sociais de vigo, na concentración no lugar de inxuria a democracia e ofensiva para as vitimas dos asasinatos, dos torturados e torturadas, dos presos e presas en cárceres e campos de concentración, dos e das exiliados/as, dos que sufriron incautacións -ainda non devoltas- todos e todas desprezados polo sistema da ditadura e da chamada democracia. estado que ainda non condenou o levantamento fascista nin recoñeceu ás vitimas, pero segue homenaxeando aos verdugos nese infamante simbolo en forma de cruz.
Non podemos consentir que o psoe sexa un coletivo servil apoiando ao pp , no revisionismo franquista
ACUDE O MÉRCORES Á CONCENTRACIÓN QUE CO APOIO DE COLECTIVOS SOCIAIS, PARTIDOS E ORGANIZACIÓNS SINDICAIS TERÁ LUGAR ÁS 20 HORAS AO PE DA CRUZ DO CASTRO EN VIGO
¡¡¡NON A CRUZ DO CASTRO¡¡¡
¡¡¡ABAIXO A SIMBOLOXÍA FRANQUISTA EN VIGO¡¡¡
CONCENTRACIÓN CIDADÁ
ABAIXO A CRUZ FASCISTA DO CASTRO!
Mércores 15 de outubro, ás 20h no Castro (ao pé da Cruz)
CIG-Vigo
Prezada compañeira,
Prezado compañeiro,
Diversas organizacións sociais, políticas e sindicais, entre as que nos atopamos a Confederación Intersindical Galega, promovemos a convocatoria dunha concentración cidadá para reclamarmos ao Goberno municipal de Vigo, encabezado por Abel Caballero, que execute a sentenza do xulgado número 2 de Vigo que o pasado 4 de setembro fallou que a chamada "Cruz dos Caídos" situada no Monte do Castro debe ser retirada por constituír un símbolo de exaltación fascista.
A CIG vimos defendendo desde hai moitos anos a necesaria supresión dunha simboloxía que ofende ás moitas vítimas tanto do golpe militar fascista de 1936 como da cruel ditadura que durante catro décadas padeceu o noso povo, e singularmente a clase traballadora. Achamos inconcebíbel que en pleno 2014 continúe en pé unha Cruz fascista de 12 metros de altura en pleno corazón da cidade de Vigo. Consideramos a posición adoptada polo Goberno local do PSOE de recorrer a sentenza e a súa reiterada negativa a retirar este vestixio franquista un acto de cinismo e clara conivencia coa simboloxía fascista.
É por iso que facemos un chamamento ao conxunto da nosa afiliación a participardes nesta convocatoria, para xuntos e xuntas pedir o seu derrube: abaixo a Cruz fascista do Castro!
Recebe un saúdo nacionalista e de clase.
SERAFÍN OTERO
Secretario Comarcal CIG-Vigo
A Asociación pola Memoria Histórica 28 de agosto de Cangas apoia a protesta contra a Cruz do Castro de Vigo. Anima a participar na concentración de mañá ao pé do monumento vigués
Faro de Vigo | Cangas 14.10.14
A Asociación Canguesa pola Memoria Histórica mostrou o seu respaldo ao acordo de Iniciativa Galega pola Memoria no que critica a decisión do goberno municipal de Vigo de non acatar a sentenza que pide a derriba da Cruz do Castro, ao presentar un recurso contra o mesmo. A asociación subliña que a única solución é acatar a sentenza e derrubar a Cruz do Castro, así como eliminar a simboloxía anexa.
O colectivo cangués apoia, por tanto, a concentración que mañá terá lugar ao pé do monumento a partir das 20 horas, á vez que anima a toda a poboación de Cangas e da comarca a que se some ao mesmo.
O colectivo cangués apoia, por tanto, a concentración que mañá terá lugar ao pé do monumento a partir das 20 horas, á vez que anima a toda a poboación de Cangas e da comarca a que se some ao mesmo.
Nenhum comentário:
Postar um comentário