O acordo máis salientable tomado na xuntanza da INICIATIVA GALEGA POLA MEMORIA (Agrupación das asociacións memorialistas de Galicia, foi como facerlle frente a decisión do goberno municipal de Vigo sobre o monumento, en forma de cruz, que como espada envenenada do fascismo foi clavada na aba norte do Castro de Vigo, e inaugurada polo mesmo Franco o 14 de setembro do 1961, e que o alcalde do PSOE se nega a cumplir a sentenza do xusgado do contencioso-administrativo, presentando un recurso, co que despreza a lei 52/2007 inspirada polo seu propio partido.
Derrube da Cruz do Castro de Vigo
Declaración a prol do acatamento da sentenza de derrube da Cruz do Castro de Vigo
Na xuntanza da Iniciativa Galega pola Memoria de hoxe 4 de outubro de 2014, en representación das asociacións de recuperación da memoria histórica adheridas que actúan na Galiza, acordamos aprobar unha declaración sobre a sentenza de derrube da Cruz do Castro en Vigo.
Logo da conquista que supuxo o recoñecemento no noso ordenamento xurídico da ilegalidade de exaltar a ditadura franquista con monumentos que foron erixidos para ese fin, despois de lograr unha sentenza xudicial favorábel a erradicar esta simboloxía no caso do complexo da Cruz do Castro, parécenos un paso atrás inaceptábel que se pretenda burlar a lexislación cunha interpretación interesada do que se refire o artigo 15 da lei 52/2007 de tal xeito que deixaría en papel mollado o que alí se recolle ao deixar ao arbitrio da lectura oportunista que cada quen faga a concepto de “símbolos e monumentos” de tal xeito que se abre a posibilidade de deixar sen efecto a execución deste artigo.
A chamada lei da memoria foi no seu momento contestada por insuficiente polas asociacións memorialisticas, mais actuacións como as promovidas polo alcalde de Vigo xa suporían no caso de prosperaren nos seus obxectivos, a derrogación de facto daqueles aspectos máis positivos como é o caso dos que teñen que ver coa limpeza deste tipo de emblemas. Asemade parécenos grave a campaña mediática que está a facer este rexedor na defensa das súas posicións retrógradas por canto supón un agravio suplementario á memoria das vítimas do franquismo. Por iso desde as asociacións da memoria histórica solicitaráselle unha xuntanza ao Secretario Xeral do PSOE na Galiza para tratar este asunto, así como nos dirixiremos igualmente ao Secretario Xeral do PSOE no Estado para transmitirlle o noso descontento coa actuación dun dos seus militantes significativos e cargo institucional do seu partido.
En ningún caso as asociacións da memoria admitirían unha solución como as que se están a poñer sobre a mesa de meter no mesmo saco as vítimas cos seus verdugos como xeito de tentar salvar este símbolo franquista. Desde as asociacións pola recuperación da memoria histórica de Galiza adheridas a Iniciativa Galega pola Memoria reafirmamos a nosa posición de que non cabe outra solución que o acatamento da sentenza e o derrube da Cruz do Castro e eliminación da simboloxía anexa.
Santiago de Compostela a 4 de outubro de 2014
Iniciativa Galega pola Memoria
O compromiso do segredario do PSOE en Galicia no acto de Montecubeiro o 13 de outubro do 2013. Cumplirá a súa promesa coa actitude de Abel Caballero respeto da cruz do Castro de Vigo?
Ímos ver
Tal como quedamos na xuntanza de hoxe en Compostela, adxunto o enlace da Fundación TIC da Deputación de Lugo presidida por Besteiro, no que fala da condea do franquismo sen tibieza xunto a outros asistentes ao acto de Montecubeiro:
O pasado 11 de setembro desde o meu perfil en Facebook dirixinme a Pedro Sánchez para facerlle saber do comportamento dun alcalde do seu partido incumpliendo a lei de Memoria que eles mesmos votaron
Nenhum comentário:
Postar um comentário