O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 12 de abril de 2015

Un ex-ministro acusado de crimes de lesa humanidade falará en Galiza sobre a Transición

Martín Vila, rostro actual do franquismo
 
A presenza de Rodolfo Martín Villa en Galiza xa xerou as primeiras críticas e rexeitamentos das redes sociais. Organizacións como Causa Galiza fan un chamamento a acudir ás Pontes o 18 de abril para evidenciar protestar contra a asistencia dun ex-alto cargo do franquismo sobre o que pende unha orde de detención internacional.

Sermos Galiza - A.V. 9/4715
Un ex-alto cargo do franquismo e da etapa da ‘Transición’ contra o que a xustiza arxentina emitiu hai seis meses orde de detención e extradición pola súa presunta responsabilidade co asasinato de 5 obreiros estará nas Pontes de García Rodríguez o 18 de abril para dar unha conferencia. Rodolfo Martín Villa, coñecido popularmente nos finais dos 70 como ‘La porra de la Transición’ pola violencia e contundencia coas que ordenaba actuar como Ministro da Gobernación contra as manifestación, estará no cine Alvoi para tomar parte no coloquio ‘Transición democrática en España’.
 
O 31 de outubro do ano pasado a xuíza María Servini-instrutora dunha causa penal contra o franquismo- ordenaba en baseo ao principio de xustiza universal deter Martín Villa e outra vintena de cargos imputados por crimes da ditadura. A Rodolfo Martín Villa considerábao responsábel da 'Matanza de Vitoria', na que a policía matou a tiros a 5 obreiros e feriu a 150.

A mediados de novembro a Interpol iniciaba as dilixencias previas para solicitar a detención de Martín Villa. Mais todo ficou en nada. Desde un principio o goberno español afirmou que non ía proceder a detención nin entrega ningunha do ex-ministro, amparándose na Lei da Amnistía de 1977. O propio Martín Villa, en entrevistas á prensa española, afirmaba que estaba disposto a declarar perante a xustiza arxentina e negaba calquera implicación nos feitos dos que era acusado.
En febreiro deste ano o xuíz Velasco arquivou a petición de asociacións de vítimas para que se detivese o ex-ministro.
 
Da guerra suxa ás portas xiratorias

Martín Villa ostentou no franquismo varios altos cargos no sindicato vertical e foi procurador en Cortes en 5 lexislaturas. De 1976 a 1979 foi ministro de Gobernación (Interior) do Estado español. Durante o seu mandato, e só en Euskadi, unha trintena de persoas morreron por accións dos membros das forzas de seguridade do Estado -dados dun Informe do Goberno Vasco-. O seu nome estivo relacionado, en reportaxes e investigacións, cos primeiros anos de ‘guerra suxa’ contra ETA, que decorreron na súa etapa como ministro. Tamén se ten indagado sobre a súa responsabilidade en casos como o atentado do Scala ('montaxe' contra a CNT) ou nos atentados contra o independentista canario Cubillo.
Foi deputado no Congreso e ministro nos gobernos de UCD, así como vicepresidente do goberno español despois do golpe de estado do 23-F. De 1997 a 2002 foi presidente de Endesa, no que se describiu xa daquela como un caso de ‘portas xiratoria’. Foi tamén comisionado do goberno español na catástrofe do ‘Prestige’.
 
Rexeitamento

A presenza de Rodolfo Martín Villa en Galiza xa xerou as primeiras críticas e rexeitamentos das redes sociais. Organizacións como Causa Galiza fan un chamamento a acudir ás Pontes o 18 de abril para evidenciar protestar contra a asistencia dun ex-alto cargo do franquismo sobre o que pende unha orde de detención internacional.

Nenhum comentário:

Postar um comentário